Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


5. TIC


Dada a importancia das novas tecnoloxías, dispoñemos da Aula de Formación Informática (AFI), en que teñen lugar cursos destinados a completar o coñecemento académico dos estudantes neste ámbito, co fin de acadar un maior grao de especialización en informática: Autocad, deseño e desenvolvemento de páxinas web, sistema operativo Linux, bases de datos, fotografía dixital...


Na vida ordinaria do estudantado nos centros, son moitas as aplicacións tecnolóxicas que emprega: a páxina web do centro ou a páxina web corporativa, que no ano 2010 recibiu un total de 4.581.037 visitas; o servizo de correo electrónico baseado no programa ZIMBRA, empregado por 3.649 estudantes; a aplicación do Campus Virtual, en que se ofreceron 4.005 materias para un total de 20.868 estudantes; a aplicación da Secretaría Virtual; o emprego das contas de correo electrónico da UDC, usadas por 85.412 estudantes; e as numerosas wikis a disposición daqueles que desexaren usalas.


Dentro do ámbito da aplicación das TIC, foron iniciativas de particular importancia as relacionadas coa dotación de infraestruturas tecnolóxicas que permitisen desenvolver, en mellores condicións, a docencia. Entre as máis importantes sinalamos as seguintes:


a) A UCV. Nun primeiro momento a rede ATM da UDC daba un servizo de calidade que permitía o desenvolvemento da UDC Virtual, a UCV, tanto no relativo á e-administración, como en todo o relacionado co uso das TIC na docencia universitaria. A creación da facultade virtual, como plataforma de teleformación, deu servizo ao estudantado e ao PDI en todos os títulos impartidos na UDC.


b) As Aulas Net. A crecente necesidade de facilitar o acceso do estudantado á plataforma e aos servizos de automatrícula traducíronse na dotación de Aulas Net (aulas de informática dependentes dos servizos centrais) en todos os centros, de modo que as TIC puidesen formar parte da vida cotiá das aulas e do traballo universitario.


c) A adquisición de portátiles. Como non é posible que o estudantado empregue os devanditos recursos sen dispor dos dispositivos necesarios para o facer, a UDC asinou un convenio coa Xunta de Galicia para apoiar a campaña de adquisición de portátiles.


Outros servizos tecnolóxicos serían a posibilidade de se matricular pola internet, servizo que tivo como novidade a implantación do módulo de 3.º ciclo en Xescampus, o que posibilitou a integración da unidade de estudos oficiais de posgrao nesta ferramenta; a remisión das cualificacións dos exames por telefonía móbil vía sms; as novas para a xestión das solicitudes do bonobús e das prazas para as residencias universitarias e o servizo de atención telefónica. Ademais, o acceso á Biblioteca Virtual Galega (BVG) e á rede wifi a través do portal cativo udcPortal ou eduRoam desde calquera centro da UDC, xa que a UDC ten cobertura wifi no 100% dos seus espazos.


Doutra parte, cómpre salientarmos tamén a Guía de harmonización da docencia universitaria (GADU). A GADU é un contorno web que proporciona o modelo de guía docente para favorecer a harmonización da programación da docencia universitaria de acordo coas directivas do proceso de integración no espazo europeo de ensino superior. A ferramenta fornece a información necesaria sobre o contido dos programas para a organización, orientación e facilitación da súa aprendizaxe ao longo do proceso formativo que se desenvolve no transcurso dun determinado programa de estudos universitarios.


De igual maneira, non debemos esquecer a Oficina de Sóftware Libre (OSL), proxecto que se puxo en marcha mediante un convenio coa Secretaría de Innovación e Modernización Tecnolóxica da Xunta de Galicia. O obxectivo é a implantación e difusión deste tipo de sóftware en todos os ámbitos da institución e, neste sentido, permítelle á UDC ter a iniciativa da difusión do sóftware de código aberto e do sistema operativo GNU/Linux no marco da Comunidade Autónoma de Galicia.


No último exercicio apostouse polos encerados dixitais, repartidos por todos os centros da UDC, entre 2 e 8 por escola. Son ferramentas que favorecen a participación dos estudantes nas aulas e o seu rol na docencia no que respecta aos créditos ECTS.


Outras iniciativas destacables son as aulas informáticas dinámicas, carros móbiles que conteñen até un máximo de 30 portátiles. O carro pode levarse a calquera espazo que se solicite, sempre e cando se sitúe no mesmo edificio. Este espazo pode ser unha aula de docencia, un seminario, un salón de graos, un despacho... Dado que nas metodoloxías docentes acordes coas novas titulacións a tarefa do estudantado é cada vez máis colaborativa, esta fórmula resulta moi apropiada para que se reúnan para realizar os seus traballos en grupo. Isto significa un aforro importante de custos por parte da UDC, pois o espazo en que se dispoñían os portátiles xa non é necesario.