Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


4. MEDIO


As actuacións relacionadas co medio na UDC son coordinadas pola Oficina de Medio Ambiente (OMA). Entre todas elas existen tres que, en concreto, son de especial interese para o estudantado.


En primeiro lugar, o programa de préstamo de bicicletas, que ten como fin fomentar o sentido da responsabilidade canto á conservación e mellora do medio. Os obxectivos específicos son promover o emprego da bicicleta como vehículo sustentable, avaliar o interese xerado pola iniciativa na comunidade universitaria e estudar as particularidades do uso da bicicleta no contorno dos campus e das cidades da Coruña e Ferrol, para posteriormente poder indicar novas medidas que faciliten o seu uso. É un proxecto que está a ter unha grande acollida, dado que a presentación de solicitudes medra cada ano. Para levalo a cabo, cóntase coa colaboración da Asociación por unha Mobilidade Responsable MOBI-LIZA, encargada do asesoramento especializado á OMA e aos usuarios deste servizo.


Cos datos recollidos nas solicitudes realizadas polos estudantes para entrar a formar parte deste programa e nas enquisas realizadas entre os usuarios, podemos analizar o funcionamento do servizo, tanto a súa efectividade a respecto dos obxectivos formulados como o grao de satisfacción acadado polos usuarios.


Como seguinte actuación relevante temos o programa de voluntariado ambiental, que busca avaliar a situación ambiental do espazo dos campus e do contorno asociado a eles a través de diversas actividades. Salienta o Proxecto Ríos, actividade relacionada coa custodia do territorio, e constituída como unha nova ferramenta en ensino ambiental para a conservación da biodiversidade. A través desta iniciativa, o estudantado coñece e avalía o estado ambiental dos ríos que atravesan a UDC, e das hortas urbanas, así como tamén axuda á súa conservación con criterios ecolóxicos. O fin é promover a sensibilidade ambiental da comunidade universitaria e manter áreas de cultivo de gran riqueza paisaxística, ecolóxica e urbana no contorno da UDC.


Tamén inclúe a posibilidade de lles outorgar a colectivos da comunidade universitaria a xestión de determinados aspectos dos recursos naturais e espazos concretos do contorno (parcelas de monte, seccións de ríos ou pozas) para levar a cabo un seguimento ambiental, coordinado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Destaca a participación de grupos de estudantes matriculados en materias relacionadas coa xestión da auga, dos ríos e, en xeral, do medio.


A OMA concede, así mesmo, bolsas de colaboración que son adxudicadas por cada un dos centros da UDC. Estas bolsas permiten a formación teórica e práctica dun ou dunha estudante na monitorización de indicadores de impacto ambiental nos centros, e a coordinación e participación en actividades ambientais da OMA no respectivo centro, para promover un labor de información e concienciación entre a comunidade universitaria.


No tocante aos programas formativos: cursos, xornadas, conferencias… vinculados ao medio, é o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), con sede no Castelo de Santa Cruz (Oleiros), o responsable da impartición de formación de carácter específico sobre a problemática ambiental do noso patrimonio natural, histórico e cultural, a conservación do medio mariño, o cambio climático… co fin de proporcionar os medios máis axeitados para o ensino ambiental. Unha contribución moi activa cuxo obxecto é concienciar o estudantado, da forma máis eficiente posible, de forma individual e colectiva, da necesidade dun cambio de actitude ante o medio.


E como actividades puntuais, cabe resaltarmos a celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, acto de carácter público con que se pretende transmitirlle á cidadanía a preocupación de comprometerse co coidado do medio. Para esta celebración organizamos diferentes actividades, como foron a visita guiada ao Monte da Fraga (campus da Zapateira), a participación na eliminación manual de especies invasoras (eucalipto e outras) e a saída en bicicleta desde Elviña até a praza da Palloza (A Coruña).


Para ver con máis detalle a política ambiental, pódese consultar a sección “Cidadanía”.