Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


3. INTERNACIONALIZACIÓN


Contamos cunha ampla oferta en políticas de mobilidade internacional. Neste sentido, a Vicerreitoría de Estudantes e Relacións Internacionais, mediante a Oficina de Relacións Internacionais (ORI), dá a coñecer a existencia das bolsas dispoñibles para que cheguen ao maior número de estudantes posible. Ao tempo, procura o máximo beneficio da participación en programas internacionais de intercambio, para o que asesora o estudantado sobre as condicións de cada tipo de programa, e favorece a captación de fondos de axuda á mobilidade.


Exemplos deste labor de internacionalización poden ser o convenio de colaboración coa Universidade de Adelaida (Australia), de carácter científico-técnico: transferencia de coñecemento naval; e no ámbito cultural a Cátedra INDITEX de Lingua e Cultura Española en Dhaka (Bangladesh) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, co fin de potenciar a lingua española.


Levamos a cabo unha modificación parcial do Réxime de xestión da mobilidade do estudantado na UE, co obxecto de o adaptarmos ás normas xerais do Programa de aprendizaxe permanente que rexe na actualidade e até o ano 2013.


Por outra banda, organizamos todos os anos un programa de acollida que ten como fin procurar a adaptación do estudantado estranxeiro á súa nova casa, e facilitarlle a integración na vida académica e social galega. No ano 2010 participaron un total de 42 estudantes.


O programa de aprendizaxe permanente Erasmus é o máis demandado polo estudantado. Ademais, o estudantado a que se lle outorga unha bolsa Erasmus pode solicitar as axudas complementarias convocadas tanto pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Programa de acción da UE de mobilidade do estudantado Erasmus e Suíza) como polo Ministerio de Educación.


A UDC facilita, a través das bolsas para a mobilidade bilateral, estadías nas universidades ou institucións pertencentes a países distintos aos da UE coas cales existe un convenio bilateral de mobilidade. Destaca o convenio do programa de intercambio da UDC co College of the Holly Cross (EUA). Tamén se encarga da xestión doutras bolsas como as do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (bolsas MAEC-AECID), con que se financia o custo que implica a formación de titulados superiores españois no ámbito da cooperación para o desenvolvemento, como elemento estratéxico e sectorial da axuda oficial española ao desenvolvemento, así como parte da política cultural española co exterior.


Cabe así mesmo mencionarmos as bolsas Santander–CRUE de Mobilidade Iberoamericana e as bolsas ANUES–CRUE. As primeiras, organizadas pola Conferencia de Reitores das Universidades Española (CRUE) coa colaboración do Banco Santander; e coa colaboración da Asociación Nacional de Universidades e Institucións de Ensino Superior de México (ANUES), as segundas, para o intercambio de estudantes españois con estudantes dos países iberoamericanos. As bolsas EU Articulation Scheme coa University of Abertay Dundee (Reino Unido). E as bolsas da Fundación Carolina, para seguir estudos de mestrado.


Outras bolsas e programas de mobilidade son as bolsas Fullbright; as bolsas Fundación Canon; as bolsas Ramón Areces; as bolsas La Caixa; o programa da Cámara Oficial de Comercio de España no Reino Unido “Novo Emprendedor Europeo”; o programa UE–Xapón “Vulcanus”; o programa coa Universidade de Talca para doutoramentos en dereito; as bolsas Fórmula Santander e as bolsas Universia–Fernando Alonso.


Tabla


Dada a importancia do manexo dunha segunda ou terceira lingua de cara á empregabilidade, ofrecémoslle ao estudantado a posibilidade de aprender novas linguas sen saír do campus. A través do Centro de Linguas pretendemos consolidar e mellorar o coñecemento de linguas como o inglés, o francés, o alemán, o italiano e o portugués do estudantado que asiste ás súas aulas, grazas á multitude de cursos organizados cada ano. O fin é mellorar a preparación lingüística do estudantado como paso previo para un mellor aproveitamento académico durante a súa estadía nunha universidade diferente á de orixe.


Ademais, e por primeira vez no SUG, organizamos os Erasmus Intensive Language Courses (EILC) de galego. Son cursos destinados ao estudantado Erasmus, especializados e intensivos, das linguas menos empregadas na UE mais de países participantes no programa Erasmus, como é o caso do galego. Neste marco, coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), formáronse un total de 41 estudantes de intercambio das tres universidades galegas. Realizáronse dous cursos de inmersión lingüística e cultural, co obxecto de atender a totalidade da demanda.


Igualmente, estamos acreditados como institución en que poder realizar o exame do International English Language Testing System (IELTS), froito da colaboración entre Cambridge ESOL, British Council e IDP-Education/IELTS Australia. No ano 2010 presentáronse 23 persoas ao dito exame. O Centro de Linguas colabora, ademais, con frecuencia na impartición de cursos de formación de ensino de linguas co Instituto Cervantes.


Tabla


Por outra banda, a administración ofrece diversas axudas para a realización de cursos no estranxeiro: o Ministerio de Educación, por un lado, para efectuar cursos de lingua inglesa, alemá ou francesa; e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo outro, para o financiamento de estadías en estados da UE, co fin de favorecer a aprendizaxe e o perfeccionamento dun segundo idioma.