Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


2. TRANSFERENCIA DO COÑECEMENTO E INVESTIGACIÓN


A calidade da formación impartida comporta a inserción profesional: a media de inserción laboral da UDC é un 4% superior á das universidades públicas españolas.


Malia ser a universidade co menor financiamento recibido de todo o conxunto universitario, a taxa de actividade dos egresados que cada ano a UDC coloca no mercado segue a superar a media das universidades españolas.


A media da taxa de actividade da UDC é do 86,33%. As titulacións con maior taxa de actividade son Enfermaría e Fisioterapia, Enxeñaría Naval e Oceánica, Enxeñaría Técnica en Propulsión (Enxeñaría Técnica Naval, especialidade en Propulsión e Servizos do Buque), Náutica e Transporte Marítimo e Arquitectura.


A media da taxa de ocupación da UDC é do 66,23%. As titulacións con maior taxa de actividade son Enfermaría, Enxeñaría Informática, Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos, Enxeñaría Naval e Oceánica, e Enxeñaría Técnica en Obras Públicas.


Os egresados da UDC encontran traballo en menos de 1 ano. Isto débese, en parte, aos servizos vinculados co emprendemento e coa busca activa de emprego.


O 12% do estudantado da UDC compaxina traballo e estudos.


A taxa de emprendemento da UDC é do 6,81%. Isto supón 2 puntos máis que a media das universidades públicas españolas.


O 74,64% dos egresados da UDC traballa na provincia da Coruña. Só un 1,60% traballa fóra de España.


O 44,81% dos egresados da UDC ocupa postos técnicos. Só un 6,96% ocupa mandos intermedios.


O 38,74% dos egresados da UDC ocupa postos directivos. Salienta a proporción de mulleres en postos directivos, superior á dos homes en case 3 puntos.


O salario medio dos egresados da UDC é de 1.116 €. Destaca que os homes no mesmo posto gañan 167 € máis ao mes que as mulleres.


A UDC comprométese a fomentar as prácticas en empresas e institucións.


Os estudantes que teñen dúbidas, obteñen solucións. Os estudantes que teñen preguntas, obteñen respostas. E todo no Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE). Nunha man, o Servizo de Orientación Laboral, a que acode o estudantado para se orientar e informar sobre as posibles saídas profesionais e as ofertas de emprego e prácticas profesionais; e na outra man, o Servizo de Autoemprego, a que o estudantado recorre para conseguir axuda á hora de pór en marcha o seu proxecto emprendedor. Todo isto plásmase no desenvolvemento das seguintes actividades:


a) Formación para a creación de empresas e a busca activa de emprego por medio de seminarios e obradoiros.


b) Asesoramento sobre o plan de empresa, as formas xurídicas das empresas…


c) Información sobre axudas e subvencións, técnicas de autoemprego…


Tabla


O Servizo de Orientación Laboral recibiu e atendeu 549 usuarios da súa axenda, 1.699 titulados universitarios, 514 estudantes universitarios e 891 estudantes non-universitarios; e recibiu 734 CV para as súas ofertas de emprego.


O Portal de Emprego é a ferramenta web para a consulta das ofertas de emprego e os postos de prácticas nas empresas que teñen un convenio asinado coa UDC. A través deste portal, actuamos como axente mediador entre o estudantado e a empresa, e facilitamos o tránsito dos egresados das súas aulas e laboratorios ao mercado laboral. A Fundación da Universidade da Coruña (FUAC) tamén fai uso desta ferramenta, aínda que dispón doutras aplicacións para o fomento do emprego. No ano 2010 o total de prácticas e ofertas de emprego xestionadas aumentou nun 22,13%. Incrementouse igualmente o número de empresas inscritas ao longo deste exercicio, 69 novas empresas, un total de 416.


Ademais, colaboramos co portal de emprego Recruiting Erasmus. O devandito portal xurdiu co obxectivo de facilitar o contacto entre as empresas socias deste proxecto e o estudantado que está a gozar ou gozou dunha bolsa Erasmus ou dun programa de carácter internacional similar, ben estudantes nacionais no estranxeiro, ben estudantes estranxeiros en España.


Unha das nosas accións máis salientables neste contexto é a Feira Europea de Emprego, que por primeira vez tivo carácter virtual (2.0). Aínda que naceu no seo do SAEE, a súa difusión é xestionada pola FUAC. O seu fin é servir como foro de reunión cun claro obxectivo: o inicio dunha relación laboral entre as empresas ou as institucións relacionadas coa empregabilidade e o estudantado e os egresados da UDC. No ano 2010 tivo lugar a súa III edición, de novo coa colaboración da Deputación da Coruña. Recibiu 178.882 visitas e desenvolvéronse actividades como a presentación de empresas, mesas redondas, talleres EURES… no marco dunha dimensión europea do mercado laboral nos ámbitos local, nacional e europeo. Dúas son as ideas que presiden a organización desta feira:


a) Ofrecer información útil sobre a busca de emprego, a inserción laboral e as necesidades futuras de formación do mercado laboral.


b) Fomentar e impulsar a cultura do emprendemento entre os participantes a través da formación e a difusión de boas prácticas.


Nun momento en que é fundamental aumentar a inserción laboral dos egresados no tecido produtivo, os datos obtidos tanto no Portal de Emprego como na Feira Europea de Emprego son máis que satisfactorios.


Tabla


A FUAC fomenta, en colaboración coa Deputación da Coruña e por medio da organización da Aula Universitaria de Promoción Económica, as políticas de emprego e inserción laboral dos egresados da UDC, facilitándolles ferramentas para melloraren a súa empregabilidade. Organiza seminarios de motivación emprendedora, de xeración, maduración e avaliación de ideas empresariais e de creación de novos proxectos empresariais.


Así mesmo, deseñou o Plan experimental de emprego UNINSERT, un programa creado co fin de mellorar a empregabilidade do estudantado. O programa é moi completo, xa que combina accións de información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral e mobilidade xeográfica.


No campo do emprendemento, a FUAC apoia esta tarefa a través dos seus axentes de emprego, aos cales pode acudir o estudantado para ser asesorado á hora de levar a cabo unha idea de negocio. Axúdaselle a definir os puntos máis complicados da posta en marcha desta: financiamento, elaboración dun plan de empresa...


Emprender é doado na UDC a través do Viveiro de Empresas de Base Tecnolóxica, que se atopa no Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI). O Viveiro ten como fin que as ideas empresariais xurdidas entre o estudantado teñan unha base física de apoio ao seu desenvolvemento, para preparar así a súa entrada no mundo empresarial.


E por ende, grazas á Unidade de Apoio a Proxectos Europeos de I+D e Captación de Mercados Laborais na UE, dependente da Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI), o estudantado ten unha porta máis que aberta ao mercado empresarial europeo. Esta unidade encárgase da análise, a busca e a captación de nichos de mercado e creación de empresas nos países membros da UE, co fin de promover a integración do estudantado da UDC a través da información e a orientación prestada.


Se para o estudantado é importante o asesoramento en cuestións de empregabilidade e emprendemento, tamén o é coñecer as condicións do mercado laboral de que vai a formar parte. Unha visión que a UDC ofrece ao estudantado por medio dos estudos de investigación realizados polo Observatorio Ocupacional, presentados co fin de abordar con garantías de éxito e calidade a inserción laboral dos egresados da UDC e a realidade dos posibles desaxustes existentes entre as titulacións cursadas polo estudantado e as necesidades da economía.


Alén disto, o Observatorio presenta periodicamente un estudo sobre as competencias profesionais dos universitarios, grazas ao cal o estudantado vai coñecer as diferenzas máis significativas entre a oferta da UDC en competencias transversais aplicadas ao seu perfil curricular e a demanda destas pola empresa. Recolléronse por primeira vez dous novos ítems, a valoración da empresa do dominio da lingua inglesa polo estudantado e a relevancia que lle confire á ética profesional.


Neste campo, un dos nosos obxectivos principais é completar a formación do estudantado a través de prácticas profesionais, para ampliar a súa empregabilidade e facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral. Por iso, o cometido da UDC é aumentar tanto os programas de prácticas profesionais como os convenios de colaboración, ben externos, con entidades privadas, institucións públicas ou administracións, ben internos, cos servizos da propia UDC.


Neste labor, a FUAC persegue o mesmo fin que a UDC, que non é outro que a captación, a formación e a adecuación ao posto de traballo dos futuros profesionais. A FUAC conta cun programa de prácticas anual para o estudantado e os egresados da UDC; así mesmo, para os meses de verán, conta co programa de prácticas TEMPUS. Os programas quedan regulados a través do correspondente convenio de cooperación educativa entre a empresa que acolle os estudantes e a FUAC, en calidade de xestora.


No ámbito internacional, a FUAC promove o programa Tompkins Cortland Community College–Walt Disney World (EUA) e o programa Erasmus for Young Entrepeneurs (UE). Este último ten grande interese: o seu obxectivo é estimular o espírito emprendedor, a competitividade, a internacionalización e o crecemento de pequenas e medianas empresas por medio do intercambio de coñecementos técnicos entre empresarios experimentados e emprendedores noveis, a través de estadías formativas no país de orixe do empresario.


No campo das prácticas profesionais en empresas internacionais, ofrecemos numerosas opcións nun marco de calidade e excelencia, tanto para o estudantado de 1.º e 2.º ciclo, grao, mestrado e doutoramento como para os egresados, tanto para a UE como para países como EUA, Canadá e os da zona asiática.


Para o estudantado que queira realizar prácticas en empresas no ámbito da UE, o programa Erasmus. E para os que se acaban de titular, no marco da UE, o programa Leonardo Da Vinci, financiado pola Deputación da Coruña, coa achega da UDC e coa colaboración do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos (OAPEE); e as bolsas Cogmos. Na zona asiática, EUA e Canadá, as bolsas Faro e Argo.


Tabla


A UDC é unha das universidades públicas españolas que máis inviste na formación do estudantado; prioriza, ademais, a modalidade de bolsas competitivas. Para iso, o capítulo de axudas viuse aumentado de novo no último exercicio nun 13%, o que resulta ben relevante se temos en conta a situación económica da UDC.