Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


11. ACTUACIÓN SOCIAL


Fomentamos a nosa propia política de bolsas e axudas, sen prexuízo da acción do Estado, da Xunta de Galicia e doutras administracións, co fin de establecer un marco efectivo de igualdade para o acceso, a permanencia e o desenvolvemento dos estudos universitarios. Seguimos a filosofía de que ningunha persoa deixe de estudar nas nosas aulas por falta de recursos económicos.


A Sección de Bolsas, en concreto, informa o estudantado e xestiona para cada curso as bolsas ante organismos públicos e entidades privadas, co obxecto de ampliar e reforzar as fontes de financiamento como paso previo a dar un impulso a un maior número de axudas dispoñibles.


As bolsas e axudas propias da UDC son numerosas, e unidas ás axudas ben da Xunta de Galicia, ben do Ministerio de Educación, conforman un amplo abano de posibilidades para o estudantado. As bolsas da UDC son estas:


a) De carácter xeral: axudas para o transporte urbano e para o aloxamento en residencias universitarias concertadas.


b) Bolsas de mobilidade, recollidas na sección “Internacionalización”.


c) Bolsas de colaboración, a través da sinatura do correspondente convenio cos estudantes, que poden ser de cooperación nos departamentos universitarios, nas tarefas bibliográficas, nas Aulas Net e nos servizos da UDC.


d) Bolsas ao estudo: de nova adxudicación e prórroga para estudos de doutoramento, mestrados universitarios oficiais, estudos de posgrao propios (mestrado ou curso de especialización) e contratos predoutorais.


e) Bolsas de axuda económica á discapacidade, cuxo fin é que os estudantes a que se lles conceden poidan afrontar mellor os problemas cotiáns con que se atopen desde o inicio do curso académico.


Outras bolsas serían as da Fundación Pedro Barrié de la Maza para a ampliación de estudos de mestrado, doutoramento ou investigación posdoutoral en países da UE, os EUA e a zona asiática; e as da Fundación Caixa Galicia para realizar estudos de mestrado e doutoramento en universidades de recoñecido prestixio, preferentemente no estranxeiro.


Tabla


As bolsas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria son as seguintes:


a) Bolsas de mobilidade, recollidas na sección “Internacionalización”.


b) Bolsas para a colaboración nos departamentos universitarios.


c) Bolsas ao estudo: de nova adxudicación e prórroga para estudos de doutoramento e mestrados universitarios oficiais; o programa María Barbeito de axudas para contratos predoutorais de formación de doutores; créditos e bolsas para os galegos residentes no exterior, para os galegos que queiran cursar estudos oficiais fóra de Galicia e para os galegos que, por causa sobrevida ou imprevista, teñan dificultades económicas para continuaren os seus estudos.


As bolsas do Ministerio de Educación son estas:


a) De carácter xeral: axudas para o transporte urbano, para desprazamentos interurbanos segundo unha escala de quilometraxe e para o aloxamento en residencias universitarias, así como suplementos por residir en cidades de máis de 100.000 e 500.000 habitantes.


b) Bolsas de mobilidade, recollidas na sección de “Internacionalización”.


c) Bolsas para a colaboración nos departamentos universitarios.


d) Bolsas–salario compensatorias e préstamos renda universidade para cursar mestrados oficiais.


e) Bolsas para o estudo dun mestrado.


Canto aos premios académicos, a UDC recoñece cada curso o labor do estudantado que se incorpora á UDC na súa etapa de bacharelato, por un lado, e do estudantado que desenvolve os seus estudos superiores na UDC, polo outro.


O Premio UDC á Excelencia Académica no Bacharelato, cuxo obxecto é recoñecer o esforzo e a dedicación do estudantado que alcance resultados académicos excelentes no seus estudos de bacharelato, premia aqueles alumnos cos mellores expedientes que formalicen a súa matrícula en calquera das titulacións oficiais que se imparten nos centros propios no curso académico en que se convoca. No ano 2010 convocouse a súa VI edición, e cómpre lembrarmos que a UDC foi a primeira das tres universidades do SUG en concedelo.


Por outra banda, os premios extraordinarios de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, licenciado, arquitecto e enxeñeiro, os cales teñen como cometido recoñecer o bo facer do estudantado que obtivese unha nota media de sobresaliente no expediente académico. Son outorgados anualmente pola Xunta de Goberno, por proposta da xunta de centro correspondente, após a valoración do tribunal constituído para tal efecto. A UDC conta cun total de 37 premios extraordinarios de doutoramento, a 24 mulleres e a 13 homes.


De forma paralela, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os Premios de Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, polos que recoñece a excelencia académica do estudantado do SUG.


Así mesmo, axudamos economicamente os gañadores das olimpíadas científicas, co fin de fomentar as actividades de extensión universitaria como medio de promoción do coñecemento e de incentivar a calidade na formación do estudantado que accede por primeira vez aos estudos universitarios. Convocamos estas axudas para as persoas clasificadas no primeiro, segundo ou terceiro posto nas olimpíadas de Bioloxía, Física, Matemáticas e Química, nas súas fases local, autonómica ou nacional, para recoñecer o seu labor. No ano 2010 convocouse a V edición.


Tabla


Ao longo do camiño universitario, poden xurdir distintas necesidades de información e asesoramento derivadas daquelas situacións persoais que precisen dunha atención diferenciada. A UDC toma como referencia o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudantado (SAPE), con sedes tanto na Coruña como en Ferrol.


O SAPE, a través das diferentes unidades administrativas, cobre todas as inquedanzas que se lle poidan presentar ao estudantado, ora de carácter académico ou xuvenil, ora psicolóxico ou educativo. Desde o SAPE informamos, asesoramos e capacitamos sobre un amplo abano de aspectos da vida universitaria. Ademais, e coa finalidade de achegarmos información actualizada, elaboramos e difundimos periodicamente dous boletíns: un deles recolle as últimas convocatorias de bolsas e cursos, e o outro achega información sobre actividades deportivas, culturais, de voluntariado, premios e concursos...


A UDC comprométese a captar estudantado, coordinándose con outros niveis educativos.


No tocante á orientación académica, o estudantado pode obter información sobre as características dos estudos e as saídas profesionais: acceso aos estudos universitarios, bolsas e axudas, normativa académica, premios, bolsas e axudas, titulacións, centros e servizos da UDC, estudos de grao e posgrao, cursos, xornadas e congresos, programas de intercambio… E no que ten a ver coa orientación xuvenil, pode facer consultas sobre residencias, asociacionismo, actividades culturais, deportivas e de voluntariado, carnés xuvenís, programas antitabaco, viaxes...


No ano 2010 participamos nas seguintes actividades:


a) O programa “Visita o teu campus, o teu futuro”, centrado na promoción do campus de Ferrol e desenvolvido en colaboración co Concello de Ferrol, que reuniu 460 estudantes e 25 mestres procedentes de diferentes institucións de ensino secundario da comarca.


b) A organización das XVIII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional en colaboración co Concello da Coruña.


c) O programa “O teu futuro en boas mans” orientado a difundir o coñecemento da UDC en todos os niveis do sistema educativo desde os propios centros, co apoio do SAPE.


d) A participación por terceira vez consecutiva no UNITUR.


e) A organización das VII Xornadas sobre o Espazo Europeo de Ensino Superior, en colaboración co Concello da Coruña, destinadas aos responsables de ensino secundario de Galicia e, en especial, aos orientadores dos centros.


f) A organización das visitas aos diferentes centros de ensino medio, tanto das comarcas limítrofes dos campus como das máis afastadas, en que se contactou cun total de 3.500 estudantes.


Toda a información que o estudantado necesite para se desenvolver plenamente na UDC está recollida na Guía do estudante, á súa disposición ao inicio de cada curso no sitio web da UDC.


Ao longo do curso escolar, o estudante pode encontrarse con novas situacións, nun principio difíciles de levar, causadas pola falta de motivación ante os estudos, a ansiedade, o estrés, a mala concentración ante os exames, a falta de habilidades comunicativas e de relación social… En definitiva, situacións que poden influír negativamente no rendemento académico e no benestar persoal do estudantado. No SAPE, a través do Servizo de Orientación Educativa e Psicolóxica (SOEP), realizamos unha ampla oferta de obradoiros destinados a mellorar e a afrontar estes e outros problemas. Ensinamos a aprender.


A través de varios dos nosos servizos, vimos desenvolvendo unha serie de accións encamiñadas á promoción da saúde: os programas de seguimento individualizado de control de peso ou de control da ansiedade, a progresiva eliminación das barreiras arquitectónicas, a retirada selectiva de material reciclable…


Estas accións realízanse actualmente de xeito illado e non teñen polo de agora un marco xeral que lles dea maior identidade e maior visibilidade. No entanto, todas elas están relacionadas cos obxectivos marcados pola Rede de Universidades Saudables e coa promoción da saúde, xa que realizan propostas para modificar estilos de vida e adaptar os contornos físicos, por exemplo. Neste ámbito, a UDC ten como proxecto dotarse dun plan de universidade saudable que terá por finalidade impulsar programas e actividades que permitan que o conxunto da comunidade universitaria gañe en saúde.


A UDC comprométese a reforzar o papel da Biblioteca Universitaria para a integración no espazo europeo de ensino superior.


Contamos cunha ampla Biblioteca, entendida como unha unidade funcional de apoio ao estudo, á docencia e á investigación en que se organizan, procesan, custodian e poñen á disposición dos usuarios todos os fondos bibliográficos documentais da UDC, así como un catálogo automatizado da bibliografía e de todo o material de investigación. A Biblioteca da UDC está constituída polos seguintes centros:


a) A Biblioteca Central, no Edificio Xoana Capdevielle, campus de Elviña.


b) A Biblioteca da Casa do Patín, no campus de Esteiro.


c) As bibliotecas das facultades e escolas.


O seu servizo préstase en horario ininterrompido de 8:30 a 21:30 h durante o curso, e co seguinte horario no verán: no mes de xuño e na primeira quincena de setembro, de 9:00 a 21:00 h; no mes de xullo, de 9:00 a 14:00 h e de 15:00 a 20:00 h; no mes de agosto, de 9:00 a 14:00 h. No período de exames o horario amplíase até as 2:00 h da mañá.


Todas as bibliotecas dispoñen de salas de lectura con manuais e obras básicas de libre acceso, así como dos seguintes servizos: salas de lectura, catálogos automatizados, préstamo de libros e préstamo interbibliotecario, bases de datos, propostas de adquisición e caixa de correo de usuarios. A Biblioteca da UDC conta cun número de usuarios potenciais de 24.965, dos cales son usuarios externos 2.538. Ten unha superficie de 13.470 m2, con 0,54 m2 por usuario. No tocante ao material, conta con 3.464 postos de lectura (7 estudantes por cada posto), 97 ordenadores de uso público e 54 lectores e reprodutores.


Asemade, e como ferramentas de apoio ao estudo, contamos, por un lado, con 3 aulas de estudo cunha capacidade total de 1.546 postos; e polo outro, con 22 Aulas Net xestionadas polo Servizo de Informática e Comunicacións (SIC), cunha capacidade total de 565 postos dispoñibles e 1.800 ordenadores nas aulas de informática. As aulas de estudo están, na Coruña, no Centro Universitario de Riazor(campus de Riazor), cunha capacidade de 444 postos; e no Edificio Xoana Capdevielle (campus de Elviña), cunha capacidade de 678 postos. E en Ferrol, no Edificio de Apoio ao Estudo (campus de Esteiro), cunha capacidade de 424 postos.


Ao se matricular nunha titulación oficial, o estudantado conta coa prestación de tres seguros de asistencia: o seguro escolar obrigatorio; o seguro Hac Luce de carácter exclusivo e o seguro Hac Luce voluntario.


A UDC comprométese a realizar unha oferta residencial universitaria en Ferrol e A Coruña.


Política residencial universitaria integrada na política urbanística e de vivenda, que fortalece o modelo de cidade compacta.


Integración das residencias universitarias no tecido urbano e do colectivo estudantil na cidadanía.


Tamén lle ofrecemos ao estudantado un servizo público que ten como ámbito de actuación preferente a Comunidade Autónoma de Galicia. Un dos aspectos fundamentais é a necesidade de lle dar unha resposta axeitada ao problema do aloxamento. O noso atractivo e as posibilidades de que os nosos centros universitarios compitan con éxito na captación do estudantado no espazo europeo de ensino superior están condicionados, entre outros aspectos, pola capacidade que teñamos de lles fornecer aos nosos potenciais usuarios uns servizos universitarios que resolvan de xeito eficaz as súas necesidades cotiás, e unha das máis importantes é a do aloxamento.


Por un lado, as residencias. A UDC ten un convenio de colaboración con tres residencias para o abaratamento dos custos do aloxamento do estudantado. Para optar ás prazas destas residencias concertadas establécese unha convocatoria única de bolsas, que O SAPE convoca, xestiona e adxudica. E polo outro lado, o aluguer. Así, a través do SAPE, pomos á disposición do estudantado un servizo de vivenda que ofrece a posibilidade ben de atopar unha relación actualizada de pisos e cuartos dispoñibles especificamente para o estudantado, ou ben de deixar o propio anuncio tanto para ofrecer como para demandar piso.


En todos os centros da UDC ofrécese un servizo de comedor a prezos reducidos. Cómpre destacarmos que no comedor da Escola Técnica Superior de Arquitectura as persoas alérxicas ao glute teñen un menú (ou cando menos un prato) adaptado á súa dieta. Ademais, contamos con varios comedores universitarios fóra dos centros: na Coruña, un comedor xeral no Pavillón de Estudantes, no campus de Elviña; e en Ferrol, un comedor xeral no campus de Esteiro e outro na Escola Universitaria Politécnica, no campus de Serantes.


Na Coruña, en colaboración coa Compañía de Tranvías, establecemos un servizo especial de transporte urbano que achega o estudantado aos diferentes campus. En Ferrol hai varias compañías que realizan as rutas urbanas e que unen varios puntos do concello entre si e dos concellos limítrofes cos campus.


A este respecto, concedemos axudas destinadas ao estudantado matriculado na UDC. Ademais, na Coruña pode solicitarse a tarxeta Milenium na estación de autobuses, no Fórum Metropolitano ou na Oficina do Concello na praza de María Pita; con ela a tarifa será só o 20% da estipulada. En Ferrol, coa tarxeta de transporte metropolitano o prezo do billete é máis barato.


Asemade, somos unha das poucas universidades que teñen a oportunidade de contar a pé do seu campus principal (campus de Elviña) cun apeadoiro de ferrocarril que a conecta con áreas significativas do territorio a que ofrece de forma preferente os seus servizos de ensino superior. Así, a liña do ferrocarril A Coruña-Ferrol corre ao longo de 500 metros para fixar o seu límite no norte.


Para alén disto, contamos cunha extensa rede de caixeiros automáticos, repartidos por todos os centros. O estudantado emprega como carné universitario a tarxeta universitaria intelixente (TIU).


No ano 2010 foron emitidas 7.789 destas tarxetas. Ademais, e como tarxeta do sistema de medios de pagamento 4B, pois foi realizada en colaboración co Banco Santander, presta os seguintes servizos:


a) Descontos en comercios.


b) Tarxeta de débito e moedeiro electrónico.


c) Uso nos préstamos bibliotecarios e nas instalacións deportivas.


d) Consulta do expediente académico en calquera caixeiro da rede 4B.