Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


10. COMPROMISO SOCIAL


O compromiso social da UDC reflíctese en tres liñas estratéxicas: a igualdade de xénero; a cooperación para o desenvolvemento e o voluntariado social; e a atención á diversidade.

Co obxectivo de eliminarmos calquera mostra de sexismo dentro da comunidade universitaria, creouse a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX). A OIX imparte formación ao estudantado na procura de conciencialo e sensibilizalo a respecto do papel que exerce a muller tanto nas aulas como na sociedade: conferencias, mesas redondas, cursos de verán... E é que o 50,1% do estudantado da UDC son mulleres. Desde esta perspectiva, a OIX realiza unha intensa tarefa formativa plenamente aberta ao estudantado, co duplo obxectivo de contribuír a que a sensibilidade en materia de igualdade de xénero medre entre este colectivo, así como de que se xere un maior interese por esta temática que poida ser satisfeito no cadro da oferta formativa impulsada desde a OIX.


Asemade, ten entre as súas tarefas a de cumprir o papel de observatorio de posibles situacións de discriminación en materia de xénero, apto para contribuír á súa superación, e neste eido o estudantado é seguramente o colectivo prioritario. Dito doutro xeito, a OIX é unha porta permanentemente aberta ao asesoramento e á resolución de problemas do estudantado en materia de discriminación de xénero. Sen prexuízo diso, o obxectivo a curto prazo da OIX é ampliarmos as tarefas cara ás materias de sexualidade e opción sexual, co obxectivo de sensibilizar do estudantado en relación con tales vectores de discriminación, así como de evitar situacións desa caste.


O impulso de campañas de sensibilización e denuncia social, o establecemento de estruturas solidarias para axudar as persoas en risco de exclusión social… son só algúns dos nosos obxectivos relacionados coa forma de entender a cooperación para o desenvolvemento e o voluntariado social, como segunda liña de acción. Para acadarmos estes fins contamos coa Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), desde a que se pretende responder ás inquedanzas sociais e solidarias do estudantado; trabállase, ademais, en programas de formación. Para ver con máis detalle estas actividades, pódese consultar a sección “Cidadanía”.


Os proxectos de cooperación ao desenvolvemento son xestionados pola OCV mediante diferentes campañas de sensibilización e as convocatorias específicas para o estudantado. No ano 2010 o número de voluntarios aumentou até un total de 162, estudantes de Ciencias da Educación na súa maioría (no ano 2009 colaboraban connosco 114 estudantes).


No Proxecto de coñecemento da realidade (PCR), o estudantado da UDC desprázase a un país en vías de desenvolvemento para realizar unha estadía de cooperación dun a tres meses. Neste tempo fórmase como profesional, no seu ámbito de estudo, mediante a aplicación práctica dos seus coñecementos; logra o desenvolvemento destes países a través da mellora da súa calidade de vida.


O traballo que desenvolvan os estudantes pode ser validado por proxectos, por traballos obrigatorios de fin de carreira ou por prácticas de materias académicas. Ademais, este proxecto constitúese como unha importante ferramenta de sensibilización sobre a temática, para os propios participantes e para os seus compañeiros, xa que tras o regreso da estadía se realizan charlas para dar a coñecer o aprendido na experiencia. No ano 2010, presentouse a cuarta convocatoria, en que se financiaron os gastos da viaxe ao país de destino e o seguro, así como os gastos de xestión e coordinación da dita actuación. Seleccionáronse 6 proxectos.


Non podemos esquecer un movemento de grande interese para a comunidade universitaria, o asociacionismo. Neste sentido, creouse a Rede de Asociacións e Colectivos Universitarios (RACU), formada por asociacións e delegacións de estudantes. O obxectivo da RACU é facilitar e axilizar a comunicación das actividades dos diferentes grupos que existen na UDC. A OCV exerce como centro de difusión da información aos diferentes colectivos universitarios.


E como terceira liña de acción, a promoción da plena integración do sector do estudantado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimenta dificultades externas a un acceso igualitario á UDC. A través da Unidade Universitaria de Atención á Diversidade (ADI) do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE), tramitamos as cuestións relacionadas coas necesidades específicas deste sector: transporte adaptado, interpretación da lingua de signos... No ano 2010 foron solicitudes 128 exencións de matrículas, repartidas por igual entre mulleres e homes.


Tamén asumimos nunha convocatoria propia as axudas ao estudantado con necesidades educativas especiais, logo da ruptura unilateral do convenio de colaboración que existía por parte da Fundación María José Jove.