Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

ESTUDANTADO


1. FORMACIÓN COMPLEMENTARIA


A raíz da implantación do Espazo Europeo de Ensino Superior, as titulacións universitarias da UDC foron estruturadas segundo os requisitos marcados polo espazo europeo de ensino superior. O proceso de configuración dos novos estudos oficiais foi complicado, mais levouse a cabo con éxito e a bo ritmo, tendo presentes as fases de transformación estipuladas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Así, a implantación dos primeiros mestrados comezou no ano 2006 e a conversión aos estudos de grao iniciouse no ano 2008, para completar no ano 2010 a adaptación das últimas titulacións, pertencentes aos ámbitos da arquitectura e a enxeñaría.


Para potenciarmos os obxectivos establecidos polo Espazo Europeo de Ensino Ssuperior, marcámonos as nosas propias liñas estratéxicas. Foi unha estruturación baseada na orientación profesional e na especialización das titulacións, así como na colaboración e na internacionalización á hora de as configurar.


Orientación profesional e especialización porque pensamos na preparación do estudantado para o mercado laboral por medio de prácticas externas de carácter obrigatorio, na formación continua das persoas que queren seguir a formarse e nos profesionais que volven ás aulas para avanzaren na súa carreira. Así, o obxectivo dos mestrados é permitir completar a formación dos egresados, para o que se lles ofrecen mestrados de carácter profesional, que lles permitan unha determinada especialización, e mestrados de carácter académico ou de iniciación á investigación.


Colaboración e internacionalización, no sentido de se crearen titulacións interuniversitarias, un labor en que se cooperou con universidades galegas e españolas, mais tamén europeas. O fin é optimizar os recursos humanos e as infraestruturas existentes das institucións de ensino superior.


Dous bos exemplos son os graos da Facultade de Filoloxía, cuxa dirección colabora no establecemento de titulacións interuniversitarias cos países francés e xermano; e o grao en Arquitectura, de que a dirección organiza xornadas de formación para o PDI no ámbito da calidade e da internacionalización, co fin de fomentar e priorizar estes criterios á hora de impartir as materias do grao.


A UDC comprométese a desenvolver un mapa de titulacións competitivo.


Grafico


As enquisas feitas aos estudantes son clave para avaliarmos o noso modelo. A continuación presentamos os principais resultados do ano 2009:


O 72,10% do estudantado da UDC está satisfeito coa titulación escollida. Isto supón 11 puntos máis que a media das universidades públicas españolas, segundo o Informe do Observatorio Ocupacional presentado no ano 2009.


O 95% do estudantado da UDC volvería estudar na UDC, por motivación e interese. Isto é, 6 puntos máis que a media das universidades públicas españolas, segundo o Informe do Observatorio Ocupacional presentado no ano 2009.


O 60,11% do estudantado da UDC elixiu a titulación por vocación. Pola contra, a porcentaxe do estudantado que escolleu a titulación polas saídas profesionais baixou ao 24,34%, segundo o Informe do Observatorio Ocupacional presentado no ano 2009.


As titulacións escollidas por vocación son Humanidades, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Bioloxía e Filoloxía Inglesa. As titulacións escollidas polas saídas profesionais son as enxeñarías técnicas en Obras Públicas e en Electricidade (Enxeñaría Técnica Industrial, especialidade en Electricidade), e a Enxeñaría Informática.


A taxa de éxito académico do estudantado da UDC superou o 82%. A UDC é unha das 5 mellores universidades españolas, cunha taxa de rendemento académico superior ao 70%, segundo o Informe da Fundación CyD presentado no ano 2007.


A UDC é a terceira universidade pública de España no tocante á atracción de novos estudantes, segundo o Informe da Fundación CyD presentado no ano 2008. A UDC ten este curso 2010/2011 23.395 estudantes, un 4,1% máis que o curso pasado, cifra que xa subira a respecto do curso anterior un 2%.


A UDC forma parte dun sistema europeo formado por 46 países con titulacións compatibles. Ofrece 38 titulacións de grao con validez no espazo europeo de ensino superior e 46 mestrados oficiais en todas as áreas do coñecemento.


Co fin de acreditar a calidade e a eficiencia das titulacións, a ANECA está a elaborar un protocolo que permita avaliar os indicadores polos que as titulacións foron creadas. Neste sentido, a UDC toma vantaxe, ao controlar a calidade das súas titulacións a través das guías docentes publicadas ao inicio de curso e dispoñibles no seu web.


En termos porcentuais e divididos por ramas de coñecemento, esta sería a estrutura dos estudos que se imparten na UDC.


Os graos impartidos na UDC únicos no SUG son os seguintes:


a. Ciencias da Saúde: (2) grao en Podoloxía, grao en Logopedia e grao en Terapia Ocupacional.


b. Artes e Humanidades: (2) grao en Humanidades e grao en Información e Documentación.


c. Enxeñaría e Arquitectura: (9) grao en Arquitectura; grao en Arquitectura Naval; grao en Enxeñaría da Edificación; grao en Enxeñaría de Obras Públicas; grao en Enxeñaría de Propulsión e Servizos do Buque; grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto; grao en Enxeñaría Mariña; grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo; e grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil.


d. Ciencias Sociais e Xurídicas: (3) grao en Ciencias Empresariais e grao en Socioloxía.


Os mestrados impartidos na UDC únicos no SUG son os seguintes:


a. Ciencias da Saúde: (4) Xestión e Investigación da Discapacidade e Dependencia; Intervención na Discapacidade e na Dependencia; Asistencia e Investigación Sanitaria; e Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia.


b. Ciencias: (4) Láseres e Aplicacións en Química; Bioloxía Molecular, Celular e Xenética; Ciencia e Tecnoloxía Ambiental; e Química Ambiental e Fundamental.


c. Artes e Humanidades: (2) Lingua e Usos Profesionais; e Patrimonio Cultural: a Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal.


d. Enxeñaría e Arquitectura: (10) Computación; Dirección Integrada de Proxectos; Enxeñaría de Sistemas Informáticos; Enxeñaría da Auga; Enxeñaría Marítima; Enxeñaría e Tecnoloxía Industrial; Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Redes Móbiles; Urbanismo: Planos e Proxectos. Do Territorio á Cidade; Rehabilitación Arquitectónica; e Investigación en Tecnoloxías Navais e Oceánicas.


e. Ciencias Sociais e Xurídicas: (13) Asesoramento Xurídico Empresarial; Banca e Finanzas; Ciencias Documentais no Contorno Dixital; Dereito: Especialidade en Estudos da UE; Xestión e Políticas Públicas; Innovación, Orientación e Avaliación Educativa; Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais; Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural; Psicoloxía Aplicada; Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas: Especialidade en Ciencias Experimentais (Educación Física); Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas: Especialidade en Ciencias Experimentais (Tecnoloxía); Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas: Especialidade en Formación Profesional (Sector Servizos); e Profesorado de ESO e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas: Especialidade en Linguas e Literatura (Linguas Estranxeiras).


Grafico


Nesta liña, en España contamos con 78 universidades públicas e privadas, e con case 2.300 graos. A UDC, pola súa situación, é referente no norte da península. Pode salientarse así, por exemplo, que as escolas técnicas superiores máis próximas a Galicia en materia de arquitectura están no Porto ou Valladolid; en materia naval está en Madrid; en materia de náutica e máquinas están en Oviedo ou Santander; e en materia de enxeñaría de camiños, portos e canais están en Santander ou Burgos.


Canto á oferta de programas de doutoramento, mestrados, cursos de posgrao e cursos de especialización, e de actividade investigadora, científica e técnica, contamos con 6 institutos universitarios de investigación e con 5 cátedras empresariais.


Son o Instituto de Estudos Europeos Salvador de Madariaga, o Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, o Instituto de Medio Ambiente, o Instituto de Ciencias da Saúde, o Instituto de Estudos Irlandeses Amergin e o Instituto de Estudos Marítimos. Para ver con máis detalle a actividade de cada un, pódese consultar a sección “PDI”.


E son a Cátedra BIOIBÉRICA SA, a Cátedra INDITEX RSC, a Cátedra FUNDACIÓN CAIXA GALICIA, a Cátedra da Madeira (Clúster da Madeira de Galicia e CIS-Madeira) e a Cátedra da Empresa Familiar. Para ver con máis detalle a súa actividade, pódese consultar a sección “Empresa”.


Así mesmo, dentro das accións Jean Monnet creadas pola Comisión Europea, impártese un curso permanente e 2 cátedras docentes, Institucións de Dereito Comunitario e Dereito Comunitario do Mar. O seu obxectivo é reforzar a docencia e a investigación sobre a integración europea nas universidades, tanto dos estados membros da UE como doutros países.


Por outro lado, a nova configuración dos plans de estudo establece a extinción das materias denominadas de libre elección, termo con que se denomina aquelas materias ou actividades académicas de contido diferente ao das materias das propias titulacións. A UDC, co afán de lle ofrecer ao estudantado unha ampla oferta de materias de contido interdisciplinario e de achegarse ao proceso de converxencia europea a través da posibilidade de obter créditos de libre elección por actividades formativas tuteladas, presenta ao comezo de cada curso a relación de materias obxecto de libre elección.


A oferta de libre elección pode estar constituída por materias optativas dos plans de estudo vixentes ou por seminarios e actividades académicas, tales como xornadas organizadas por centros, servizos ou unidades da UDC; a presentación de comunicacións e relatorios en congresos; a participación en competicións deportivas; cursos da Aula de Informática (AFI), do Centro de Linguas, da Escola Oficial de Idiomas (EOI) ou de arte dramática; e a realización de prácticas tuteladas en empresas ou institucións para titulacións en que estas non se atopen reguladas no plan de estudos correspondente.


A UDC comprométese a fomentar o uso das TIC no proceso de ensino–aprendizaxe.


Desde a Unidade de Formación e Asesoramento (UFA) do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) facilitámoslle ao estudantado a formación e o asesoramento necesario nos diversos aspectos do proceso de aprendizaxe, co fin de mellorar a súa calidade. No ano 2010 presentouse por sexto ano consecutivo o Plan de apoio á aprendizaxe (PAA), en que figura a súa oferta de cursos e obradoiros. Estes teñen como finalidade proporcionarlle ao estudantado os recursos necesarios para afrontar nas mellores condicións os retos do ensino universitario e a aprendizaxe, atendendo aos cambios do sistema educativo resultado da adaptación ao espazo europeo de ensino superior: a) competencias interpersoais; b) coñecemento da UDC e c) destrezas metodolóxicas e cognoscitivas. Participaron un total de 1.285 estudantes, 847 mulleres e 438 homes.