Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 2. OS GRUPOS DE INTERESE DA UDC

POR QUÉ OS GRUPOS DE INTERESE?


Como primeiro exercicio de elaboración dunha memoria RSU, na UDC optamos por un enfoque estruturado directamente nos grupos de interese mellor que un enfoque centrado nos tres grandes ámbitos de desempeño da RSU, o económico, o ambiental e o social.


Este enfoque por grupos de interese supón un traballo máis complexo; porén, pensamos que nos permite chegar a eles de forma máis directa e próxima, o que facilita a comunicación.


Tal decisión obríganos a repetir algunhas cuestións en diferentes grupos de interese, e tamén a establecer un maior ou menor desenvolvemento de certos aspectos nalgúns deles. Agardamos que todos os grupos sexan comprensivos con este esforzo, así como que nos axuden a mellorar os contidos referidos a cada un deles.


A información que se quere trasladar a cada grupo de interese estrutúrase en 12 aspectos clave ou áreas de traballo para simplificarmos a súa comprensión.


Cando falamos de grupos de interese (en inglés stakeholders) estamos a referirnos a individuos ou colectivos que poden verse afectados polas políticas, os obxectivos, as decisións ou as accións da UDC. Así, establecemos seis amplos grupos de interese, que son estes:


a) Estudantado

b) Persoal docente e investigador

c) Persoal de administración e servizos

d) Cidadanía

e) Empresa

f) Administracións Públicas


Os familiares dos membros da comunidade universitaria, os colexios profesionais, as novas xeracións… o seu benestar depende tamén do que se ensine e investigue hoxe nas universidades.


A UDC responde ante os seus grupos de interese, e mantén con eles unha relación transparente e democrática, baseada na súa actuación con independencia de poderes ou intereses de tipo económico, político, ideolóxico, relixioso ou social. A UDC, consciente das consecuencias e os efectos que os seus procesos e actuacións provocan no ámbito persoal, social e ambiental, prevé que o funcionamento normal da institución non xere impactos negativos, e se o fai, garante que poida mitigalos para levalos a niveis legais e socialmente aceptables. Ademais, garante o cumprimento das leis e os máis exixentes estándares internacionais, asegura un bo clima laboral, loita contra a desigualdade e comprométese a render as súas contas de forma puntual.


Reflexo desta relación transparente e democrática, a UDC informa cumpridamente da súa xestión socialmente responsable, dos resultados tanxibles e intanxibles que se derivan da súa actuación, a todos os grupos de interese.