Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 1. QUÉ SOMOS? CÓMO SOMOS?

B. CÓMO SOMOS? O COMPROMISO SOCIAL DA UDC


2. QUE ESTRATEXIA SEGUE A UDC EN MATERIA DE RSU?


A visión da UDC


O modelo de institución da UDC caracterízase, fronte a outras institucións de ensino superior, polos seguintes trazos diferenciais:


a. Unha universidade pública con funcionamento participativo e democrático por medio dos seus órganos de goberno tanto colexiados como unipersoais.


b. Unha universidade pública que actúa con independencia de poderes ou grupos de tipo económico, político, ideolóxico, relixioso ou social.


c. Unha universidade pública que, en colaboración co sector privado, dispón dun sistema de financiamento público suficiente e estable, correctamente axeitado ás súas necesidades e que permite a consecución dos seus obxectivos tanto presentes como futuros.


d. Unha universidade pública que actúa con transparencia e informa cumpridamente da xestión e dos resultados tanxibles e intanxibles que se derivan da súa actuación á comunidade universitaria e ao conxunto da sociedade que a financia e á cal serve.


e. Un servizo público que conta cuns medios persoais, materiais, financeiros e de todo tipo xestionados con eficiencia e eficacia con vistas a atinxir a súa misión e os obxectivos que lle son propios. Xa que logo, e de acordo co seu carácter de servizo público, as prestacións achegadas pola UDC tenderán a favorecer:


1. O acceso máis amplo posible aos seus servizos por parte de todas as persoas interesadas, sen prexuízo dos requirimentos de formación e dos coñecementos que se determinaren nas correspondentes disposicións académicas e legais.


2. O alto nivel de calidade que deben posuír os servizos e as prestacións universitarias nunha sociedade baseada no coñecemento.


3. Un acaído equilibrio entre un financiamento suficiente para a provisión de equipamentos e servizos de calidade e unha estrutura de taxas e prezos públicos que for equitativa e/ou asumible polas persoas interesados.


f. Unha universidade que se desenvolve en espazos integrados harmonicamente nos seus contornos urbanos e territoriais e que actúan como polos de cohesión tanto territorial como social e económica.


En consecuencia, cómprelle á UDC pór en valor todo o seu potencial humano, científico e tecnolóxico para acadar un maior e mellor desenvolvemento económico e cultural neses contornos.


g. Unha universidade que, con espírito libre e crítico, procura a extensión, o afondamento e a renovación do legado cultural herdado.


h. Unha universidade que se fai presente na sociedade grazas á extensión universitaria que se materializa na oferta tanto de actividades culturais e deportivas como de formación continuada.


i. Unha universidade que busca a excelencia na investigación e no proceso de ensino-aprendizaxe e que concreta a calidade nos seguintes aspectos:


1. O deseño dunha oferta de titulacións que sexa de interese para o conxunto da sociedade e, por tanto, con capacidade de atracción de estudantes procedentes tanto do noso contorno próximo (o sistema universitario galego e español) como do Espazo Europeo de Ensino Superior, os países de fala portuguesa e América Latina.


2. O deseño e implantación de metodoloxías docentes modernas, innovadoras e eficaces que posibiliten o proceso de adquisición de destrezas e capacidades por parte dos discentes nos diferentes ámbitos do coñecemento.


3. A dotación dunhas infraestruturas e espazos ben acaídos para o traballo nun contorno profesional nos eidos da docencia, a investigación, a transferencia e a xestión, e singularmente a dispoñibilidade de sistemas de información e comunicación efectivos.


4. A implicación na inserción dos titulados no mercado laboral.


5. O incremento e a cualificación crecente do seu propio capital intelectual por medio da formación permanente do persoal docente e investigador e do persoal de administración e servizos (capital humano), da intensificación das relacións cos axentes sociais e económicos (capital relacional) e da innovación e mellora continua dos procesos e estruturas (capital estrutural).


6. A procura da formación integral da persoa a través dunha docencia de calidade en que o proceso de ensino se adapte ás necesidades da aprendizaxe individual do estudantado, facilitando, a través da titoría e dos mecanismos de avaliación máis axeitados, as características das titulacións e a consecución dos obxectivos formativos formulados de xeito explícito.


7. A creación e desenvolvemento de grupos de investigación básicos e aplicados, así como o fomento da xeración de redes con vínculos entre investigadores propios da UDC ou alleos a ela que contribúan activamente ao progreso científico, tecnolóxico, económico e social.


8. O funcionamento de grupos de investigación capaces de captaren en convocatorias competitivas financiamento público ou privado a través da prestación de servizos por medio de convenios e contratos.