Memoria Responsabilidade Social Universitaria 2010 Descargar versión en PdfDescargar versión en Pdf Web da Universidade da Coruña

Compromiso e responsabilidade: Carta do Reitor da UDC separador Unha universidade con compromiso social: Carta do Presidente do Consello Social da UDC separador Cómo é a Memoria RSU da Universidade da Coruña? separador Bloque 1. Qué somos? Cómo somos?
A. Qué somos? Natureza da UDC
B. Cómo somos? O compromiso social da UDC
1. Qué compromisos asume a UDCc en materia de RSU? A misión da UDC
2. Qué estratexia segue a UDC en materia de RSU? A visión da UDC
3. Cómo se aplica a estratexia da UDC en materia de RSU? Os valores da UDC
4. Cómo se despregan os compromisos da UDC en materia de RSU?
C. A estrutura da UDC
1. Campus territorial. A UDC integrada no territorio
2. Campus participativo. A estrutura de representación da UDC
3. Campus docente. A estrutura académica da UDC separador Bloque 2. Os grupos de interese da UDC
Por qué os grupos de interese?
Estudantado
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal Docente e Investigador (PDI)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Persoal de Administración e Servizos (PAS)
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Cidadanía
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Empresa
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social
11. Actuación social
12. Xestión eficiente
Administracións públicas
1. Formación complementaria
2. Transferencia do coñecemento e investigación
3. Internacionalización
4. Medio
5. Tic
6. Normalización lingüística
7. Comunicación
8. Cultura
9. Deporte
10. Compromiso social e actuación social
11. Xestión eficiente

BLOQUE 1. QUÉ SOMOS? CÓMO SOMOS?

A. QUÉ SOMOS? NATUREZA DA UDC


A Universidade da Coruña (UDC) aséntase no noroeste de España e configúrase como o equipamento que vertebra a rexión urbana da Coruña e Ferrol mediante as actividades da docencia, a investigación, a cultura e o compromiso socioeconómico.


Trátase de dous grandes núcleos urbanos que, abrazando as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña (golfo Ártabro), se consolidaron como un dos maiores espazos de concentración da poboación galega con 650.000 habitantes (case o 25% da poboación total de Galicia), dos cales un 40% está en idade de iniciar os seus estudos superiores. Unha rexión urbana que o arquitecto coruñés Fernández-Albalat definía hai moitos anos como “a cidade das rías”.


A UDC é unha institución de carácter público moi nova, xa que foi creada no ano 1989 con motivo da ordenación do sistema universitario de Galicia. Contamos, xa que logo, con dúas décadas de traballo que axudan a definir a UDC como unha institución moderna, innovadora, de calidade e cunha clara vocación de servizo público, cun labor social baseado na atención ao maior número de estudantes, sen límite de prazas.


Ao mesmo tempo temos visión de futuro e internacionalización. A UDC está plenamente integrada no Espazo Europeo de Ensino Superior e ten unha ampla proxección nos países lusófonos e latinoamericanos, baixo o compromiso do desenvolvemento da identidade social, cultural e lingüística de Galicia. Neste sentido, a nosa lingua propia é o galego, vehículo normal de expresión e relación dos membros da comunidade universitaria, xunto co español.


As nosas instalacións, centros e servizos, situados nos campus universitarios da Coruña e Ferrol como ámbitos físico-espaciais, están dotados dunha grande accesibilidade para a poboación que habita o territorio a que esta universidade ofrece o seu servizo.


Destacamos non só porque a nosa situación produce un impacto que xera a mellora do nivel educativo da poboación, mais tamén porque axudamos a desenvolver novas dinámicas espaciais que poden apreciarse tanto na escala urbana como na escala territorial.


A UDC é unha institución que se desenvolve en espazos integrados harmonicamente nos seus contornos urbanos e territoriais e que actúa como polo de cohesión territorial, social e económico.


Así, o ensino de carácter técnico (enxeñarías e arquitectura), o cal concentra unha boa parte das actuacións relacionadas co ámbito temático da I+D+i, motor do desenvolvemento da sociedade do coñecemento, están concentradas na UDC, co 45,9% do total do Sistema Universitario de Galicia.


Apostamos forte pola sustentabilidade, presente na nosa política de xestión e en todas as actuacións, o que se reflicte no Plan estratéxico.


Para a adaptación ao Espazo Europeo de Ensino Superior, alén das reformas legais pertinentes, cabe resaltarmos o compromiso que adquiren a UDC, o PDI e o estudantado.


Neste sentido, ambos os colectivos necesitan modificar os seus procesos de ensino-aprendizaxe mediante o desenvolvemento de novos plans de estudo e o uso de novas metodoloxías docentes. Nestas reformas xogan un papel fundamental as tecnoloxías da información e a comunicación como recurso didáctico, como elemento de comunicación e como instrumento para a organización, a xestión e a administración docente e investigadora. Na actualidade, ás tradicionais modalidades de ensino presencial e a distancia súmase a modalidade en liña, a través de redes telemáticas.


A UDC non opera só nun proxecto universitario, senón que formamos parte do proxecto en común do conxunto da sociedade galega para o desenvolvemento económico e social de Galicia, cumprindo así coa nosa misión e a nosa visión.


A UDC conseguiu atraer neste último curso a 24.881 alumnos.