A igualdade como elemento crave para impulsar o crecemento

Na Universidade da Coruña temos como un dos nosos valores principais a igualdade entre homes e mulleres. É un principio que lexitima a procura dunha sociedade xusta e igualitaria, onde os méritos están xustificados e sustentados polo desempeño.

Garantimos o acceso e a promoción en condicións de igualdade en calquera ámbito e nivel de responsabilidade dentro da contorna de influencia da UDC e, no seu caso, loitar contra calquera tipo de discriminación por razón de xénero.

A igualdade na vida universitaria

Oficina para a Igualdade de Xénero

A Oficina para a Igualdade de Xénero, adscrita ó Vicerreitorado de Ferrol e Responsabilidade Social, foi aprobada en decembro de 2006 e entrou en funcionamento o 10 de marzo de 2017, establecendo a regulación de actividades, obxectivos, funcionamento e a súa estrutura coa finalidade de alcanzar a igualdade plena.

A nosa misión é “velar polo cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes coa finalidade de alcanzar a plena incorporación das mulleres á vida política, cultural e científica no seo da UDC”.

Centro de Estudos de Xénero e Feministas

O Centro de Estudos de Xénero e Feministas é un espazo que busca abarcar o máximo campo posible na concienciación e o traballo pola igualdade a través de tres áreas:

  • Espazo de investigación de carácter aberto e multidisciplinar, no que teñen cabida todas aquelas persoas que desenvolven liñas investigadoras en materia de xénero e feminismo.
  • Espazo de formación onde se desenvolven cursos ao redor de diversos aspectos e temáticas dirixidas a diferentes públicos, co obxectivo de ofrecer contidos de calidade que repercutan no ámbito laboral.
  • Espazo de encontro e diálogo en permanente contacto coa realidade social máis próxima, así como con redes de traballo e comunicación que nos permitan establecer conexións.

Plan de Igualdade UDC

O 1º Plan de Igualdade da UDC foi aprobado en novembro de 2013, co obxectivo de completar e dar un impulso á normativa básica en materia de igualdade.

O Plan propón 47 medidas que se articulan en 5 eixos fundamentais representados por obxectivos estratéxicos:

  • Promoción da igualdade, responsabilidade social e goberno.
  • Integración da perspectiva de xénero na actividade docente e investigadora.
  • Condicións de traballo, política de persoal e formación.
  • Comunicación, difusión e relacións institucionais.
  • Prevención da violencia de xénero en todas as súas manifestacións.

Protocolo para a prevención e protección fronte ao acoso sexual e ao acoso por razón de sexo na UDC

Aprobado polo Consello de Goberno en novembro de 2013 establece o protocolo de actuación para garantir a loita pola eliminación da violencia de xénero en todas as súas facetas e ámbitos. Para levar á práctica e desenvolver o protocolo creouse unha Comisión Asesora que traballa nesta dirección xunto coa Oficina para a Igualdade de Xénero.

A UDC comprometida coa igualdade

Dende a Universidade da Coruña contamos con diferentes ferramentas e mecanismos que promoven colaboracións e grupos de traballo para afrontar diariamente a nosa loita pola igualdade de xénero.

Rede de docencia e investigación con perspectiva de xénero

En 2018 un grupo de profesores e profesoras de distintos ámbitos de coñecemento, preocupados pola integración da perspectiva de xénero na docencia e a investigación deciden impulsar, co apoio da Oficina para a Igualdade de Xénero, unha rede que facilite a transformación cultural do PDI mediante actividades de formación, creación de recursos, proposta de accións específicas ou difusión de experiencias e boas prácticas tanto docentes como investigadoras.

Esta iniciativa inspirase noutras similares desenvolvidas en universidades coma a Universidade de Sevilla ou a de Alicante e, ao igual que nestas, nace coa vocación integradora para configurar xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo unha rede de ámbito galego conectada ás existentes noutras comunidades autónomas.

Apoio ás vítimas de violencia de xénero e acoso sexual ou sexista

Dende a Oficina para a Igualdade de Xénero, mediante o Protocolo para a prevención e protección fronte ao acoso sexual e acoso por razón de sexo, desenvólvense diversas accións formativas en colaboración co Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) e resólvense denuncias sobre acoso sexual ou sexista.

Convenio UDC-Concello da Coruña

O alcalde do Concello da Coruña e o reitor da Universidade, asinaron un convenio de colaboración para a investigación sobre as desigualdades e diversidades que desembocan en colectivos sociais marcados polas características especiais de vulnerabilidade e precariedade, con especial atención á incidencia da violencia contra as mulleres.

Grupos de traballo de Políticas de Xénero

Coa representación de practicamente 20 universidades españolas, se estable unha reunión de traballo sobre políticas de xénero da CRUE Universidades Españolas – Sustentabilidade, asociación sen ánimo de lucro constituída en 1994 por 76 universidades españolas e principal interlocutor co Goberno, que se formaliza en seis grupos de traballo.

Queres saber máis? Descarga a memoria completa memoria completa