Misión, visión e valores da UDC

Compromiso e responsabilidade

Misión

A Universidade da Coruña ten como finalidade contribuír ao avance cultural, social e económico da sociedade por medio da xeración, xestión e difusión da cultura e do coñecemento científico, tecnolóxico e profesional. A Universidade da Coruña concibe a súa misión como un servizo público, galego e de calidade.

Valores

Igualdade de oportunidades; esforzo; participación; compromiso e responsabilidade social coa contorna; compromiso con Galicia, a súa transformación e desenvolvemento; respecto polo medio ambiente; eficiencia; calidade e transparencia.

Visión

No horizonte do ano 2020 a UDC aspira a ser:

  • Unha universidade que se achegue á sociedade para ser quen de entender as súas necesidades e darlles resposta aos cambios que se produzan no seu contorno.
  • Unha universidade que colabore con todos os seus axentes sociais e entidades públicas e privadas para estudar, diagnosticar e achegarlles solucións aos retos formulados pola sociedade.
  • Unha universidade que xere canles de participación solidaria e se comprometa co desenvolvemento sustentable e co ambiente mediante a innovación.

Os campus en datos

Datos Campus Coruña

Datos Campus Ferrol

A UDC en datos

Adaptados ás novas tecnoloxías

Novas tecnoloxías en la UDC

Con presenza alén das aulas

Cultura

  • Celebración do 25 aniversario da UDC, marco no que levamos a cabo diferentes iniciativas.
  • NORMAL, o noso espazo de intervención cultural aberto a todo tipo de iniciativas e no que se enmarcan festivais de teatro, cursos, exposicións, ciclos de cine e outras actividades vinculadas ao ámbito cultural.
  • Organización e desenvolvemento de conferencias, cursos e xornadas.
  • Celebración de campamentos destinados aos máis pequenos.

Deporte

Desde a universidade e a área de Deportes ofrecémoslle á comunidade universitaria a posibilidade de complementar a súa vida académica ou profesional con diferentes actividades deportivas.

Modalidade Equipos
Fútbol-7 40
Fútbol sala 64
Baloncesto 24
TOTAL 128

Biblioteca universitaria

A biblioteca universitaria da UDC ofrece aos nosos estudantes postos de estudo ademais dunha gran cantidade de recursos para complementar a súa formación.

Evolución do número de usuarios

Gráfico da evolución no número de usuarios da bibliteca da UDC

Fomentamos a cultura e a excelencia no deporte

Vocación internacional

  • Implantamos os nosos primeiros dobres graos internacionais, en colaboración coa Universidade de South Wales e co lnternational College of Management de Sidney.
  • Creamos novas ofertas de formación, engadidas ás xa existentes dobres titulacións.
  • Fomentamos a implantación de titulacións con docencia en inglés, e para apoiar aos docentes que impartan estas materias creamos o Programa de Apoio Lingüístico á Docencia en Inglés (PALDI).
  • Participamos na ISS celebrada en Iasi (Rumanía) en 2015 con 3 estudantes dun total de 22 participantes.
  • Celebramos a 2ª edición da International Summer School (ISS):
    Cursos y estudiantes de la ISS

Alumnos á entrada da Facultade de Economía e Empresa

Somos unha universidade sen fronteiras que aposta pola internacionalización

Mobilidade

Durante o curso 2014-2015 máis de 1.000 alumnos, entre entrantes y saíntes, participaron en programas de mobilidade en relación coa UDC.

  • Programa Erasmus +: 79 novos convenios Erasmus + e 19 non pertencentes ao programa Erasmus.
  • Programa Erasmus Mundus TEMPO: 26 mobilidades.
  • Proxecto A Coruña Mobility Experience, que favorece a realización de prácticas profesionais en empresas europeas
  • Convenio de colaboración con GEC Consultores, para a captación de estudantes procedentes de China e Vietnam.

Mobilidade de estudantes

Comparativa anual da mobilidade de estudantes