Trátase dun organismo dedicado ao avance nos coñecementos e técnicas da enxeñaría e a construción sostible. As súas liñas principais de actividade son: Estradas e Xeotecnia, Construción, Hidráulica, Enxeñaría Ferroviaria e Transportes, Instrumentación e Sistemas Intelixentes en Enxeñaría Civil, Mecánica de Rocas, Enxeñaría Sanitaria e Ambiental, Métodos Numéricos en Enxeñaría, Portos e Costas e Ensaíos Aerolásticos.
Os nosos centros de investigación, motores de innovación e coñecemento
CITEEC. Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil
CITIC. Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Nace en 2008 impulsado desde a UDC co propósito de alcanzar a excelencia e potenciar o avance no campo do I+D+i aplicado ás TIC. Deste xeito, establécese como un punto de encontro entre a universidade e as empresas TIC, onde os seus departamentos de I+D convivan e cooperen con investigadores universitarios, aproveitando así a simbiose de coñecementos e habilidades.
CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía
O Centro Interdisciplinario de Química e Bioloxía (CICA) nace en 2016 como Centro de Investigacións Científicas Avanzadas ao reunir diversos grupos de investigación da UDC nos campos da química, bioloxía e biomedicina. O seu cambio de nome débese á súa división en outubro de 2021 en tres áreas estratéxicas: Biomedicina, Alimentación, Contaminación e Saúde, Nanociencia e Materiais Avanzados. Esta adaptación permitiu diversificar as áreas de investigación e atraer a máis investigadores.
CITENI. Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais
En 1996, financiado cos fondos FEDER da Unión Europea e impulsado pola UDC, créase o Centro de Investigación e Innovación no ámbito das Tecnoloxías Industriais, que posteriormente pasou a denominarse Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT). En setembro de 2022, pasa a denominarse Centro de Investigación en Tecnoloxías Náuticas e Industriais (CITENI). O novo enfoque persegue impulsar as tecnoloxías náuticas e industriais a través da investigación, do desenvolvemento tecnolóxico e da transferencia ao tecido social.
Centro Mixto de Investigación UDC-Navantia (CEMI)
O Centro Mixto de Investigación (CEMI) UDC-Navantia “O estaleiro do Futuro” nace o 12 de xullo de 2022 grazas ás axudas da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. Ten por obxecto o desenvolvemento de novas técnicas e tecnoloxías que permitan incrementar a competitividade do estaleiro para o desenvolvemento do Programa F-110 e a nova Fábrica de Bloques do estaleiro de Navantia-Ferrol.
As liñas de actuación fundamentais son:
- A dixitalización do sector.
- A mellora dos procesos produtivos existentes e o desenvolvemento de procesos novos.
- O desenvolvemento de xemelgos dixitais para mellorar a produtividade e reducir tempos e custos.
Promoción da investigación na UDC
Transferencia de coñecementos a través dos contratos Art. 83 LOU
A Lei Orgánica 6/2001 do 21 de decembro, de Universidades (LOU), recolle no seu Artigo 83 a normativa referente aos contratos de colaboración con fins de desenvolvemento de traballos científicos, técnicos, artísticos e actividades educativas de especialización ou formación entre a Universidade e outras entidades ou persoas físicas.
Número de contratos Art.60:
OTRI. Oficina de transferencia de resultados da investigación
A Oficina de Transferencia de Resultados da Investigación créase co propósito de facilitar e favorecer as relacións entre a Universidade e a Empresa a través da transferencia dos recursos científico-técnicos universitarios ao sector empresarial. A OTRI desempeña unha función de unión e coordinación entre os distintos grupos de investigación da UDC, fortalecendo os seus vínculos coa sociedade e impulsando as relacións estratéxicas mediante a innovación e a transferencia de resultados.
Número de patentes tramitadas:
Servizos de apoio á investigación (SAI)
Dende a súa creación a comezos dos anos 90, a oficina de Servizos de Apoio á Investigación (SAI) pon á disposición da comunidade universitaria investigadora os recursos necesarios para o desenvolvemento excelente das súas actividades. Concíbese este servizo como unha ferramenta dinámica e adaptada ás novas tecnoloxías, que ofrece resposta e apoio aos centros tecnolóxicos e entidades singulares de investigación.
Programa Berce
O obxectivo fundamental do Programa Berce é establecer as bases para que investigadores de calquera procedencia atopen atractiva e elixan a UDC como a institución para levar a cabo a súa investigación de excelencia. O programa pretende, tal como indican as súas siglas, facilitar a benvida, estabilización e retorno da ciencia excelente.
Os obxectivos específicos definidos para o programa Berce son:
- Atraer talento de calquera parte do mundo.
- Motivar aos investigadores da UDC a participar en iniciativas de ciencia excelente.
- Facilitar as oportunidades de desenvolvemento profesional na UDC para os futuros líderes da investigación.
- Prestar soporte técnico aos estudantes.
Formación especializada como garantía de adaptación
A creación do Campus Industrial de Ferrol reforzou o compromiso da UDC por dinamizar e articular a economía a nivel comarcal, rexional e nacional, sendo ademais a primeira aposta que se fixo dende a nosa Universidade como Campus de Especialización.
Principais cifras 2022:
+2 mil estudantes
14 graos
12 másteres
7 programas de doutoramento
O Campus Innova permite coordinar os distintos proxectos de investigación e transferencia co obxectivo de converterse nun referente a nivel rexional, nacional e internacional no desenvolvemento, dominio e capacidade de aplicación das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e outras tecnoloxías innovadoras. Promove o intercambio entre distintas áreas de coñecemento, aportando valor e desenvolvendo e implementando tecnoloxías punteiras no marco da enxeñaría civil, a aeronáutica, a edificación ou a bioloxía avanzada. Ten tres áreas de especialización:
INNOVA TIC
INNOVA TECH
INNOVA HUMANITAS
En 2018 nace o Campus Sustentabilidade co propósito de posicionarse como unha solución innovadora e vangardista ante as ameazas e desafíos que enfronta a sociedade a un nivel global, como o cambio climático, a sobreexplotación de recursos ou o benestar social. O campus busca impulsar e apoiar a transición hacia un sistema máis sostible.
O Campus Sustentabilidade divídese en catro áreas de especialización:
Cidade e territorios sostibles
Economía circular e sostible
Sustentabilidade social e educación ambiental
Vida activa e saudable
Empregabilidade e emprendemento universitario
Spin-Off
Dende a Universidade explóranse posibilidades comerciais para os resultados das investigacións producidas no seu seo, resultando en empresas con base tecnolóxica e coñecemento científico denominadas spin-off, que están participadas pola UDC.
11 Spin-Off activas en 2022
- Codee
- Centro de estimulación cerebral de Galicia
- Ius Publicum Innovatio
- Manufactura de Ingenios Tecnológicos (MINT)
- Nerxus Quality Solutions
- Peloides Termales
- Phycosem Marine Agronomy
- Humigal-Sedaqua Agronomy
- Terravanza Gabinete de Estudios Territoriales
- Torus Software Solutions
- Artificial Intelligence Indestia
Viveiro de empresas
Este espazo de acollida a emprendedores do contorno da UDC créase en 2004 a raíz do aumento da demanda de lugares para a creación e lanzamento de startups.
As empresas que pertencen ao viveiro contan con diversas prestacións e beneficios.
- Dispoñen dun lugar onde instalarse con conexión de voz e datos, mobiliario e distintas estancias.
- Asesoramento na elaboración do plan de empresa, busca de financiamento, xestión empresarial e de patentes, etc.
- Establecemento de relacións e conexións con outras empresas do entorno, fomentando a colaboración e a simbiose entre elas.
FUAC. Fundación Universidade da Coruña
A Fundación Universidade da Coruña (FUAC) é unha organización sen ánimo de lucro encargada de xestionar a oferta de prácticas externas do alumnado, así como o desenvolvemento e o apoio á financiación de iniciativas da UDC.
A súa misión é promover a investigación, a formación, o emprego e a transferencia de coñecemento en colaboración coa UDC, impulsando a participación de entidades públicas e privadas no desenvolvemento social e económico da sociedade.
+ de 1.300 prácticas profesionais xestionadas
Ao longo do curso académico 2021/22 xestionáronse un total de 1.319 prácticas profesionais a través da fundación.