Compromisos e actuacións da Universidade da Coruña para un desempeño responsable e o avance ata unha sociedade sustentable económica, social e medioambientalmente.

A elaboración da Memoria de Responsabilidade Social da Universidade da Coruña (UDC) é froito do convenio de colaboración asinado por INDITEX, S.A. e a UDC o 10 de marzo de 2010, polo que ambas institucións acordaron aunar esforzos co obxectivo de promover a implantación dun modelo de Responsabilidade Social Universitaria.

A coordinación técnica das actuacións que se levaron a cabo está a cargo da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e do Consello Social da UDC, en calidade de órgano de participación da sociedade na universidade.