Dende o inicio da nosa traxectoria, que en 2014 alcanzou os 25 anos, o traballo que desenvolvemos desde a Universidade da Coruña (UDC) permitiunos establecernos como un elemento clave no desenvolvemento económico, social e cultural do noso ámbito de influencia.

Durante estes anos, a través das nosas actividades docentes, investigadoras e de transferencia de coñecemento, contribuímos no camiño cara a unha Galicia máis moderna e innovadora. Este camiño percorrémolo desde o respecto polos nosos valores e o compromiso que mantemos coa innovación, a sustentabilidade e as necesidades sociais da nosa contorna.

A presente Memoria contribúe, un ano máis, a mellorar as canles de coñecemento da sociedade sobre a Universidade da Coruña. A súa edición e presentación renova o compromiso que temos coa transparencia.