Promoción do talento fomentando a excelencia e especialización a través de colaboracións universidade-empresa

O fomento do emprendemento e a canalización do emprego, servindo como nexo entre a actividade universitaria e a empresa, é un dos nosos principais obxectivos.
Entendemos como unha prioridade facilitar o emprego a través de prácticas ou outros mecanismos, xerando espazos onde as persoas emprendedoras poidan desenvolver todo o seu talento.

Campus de estudos especializados

O Campus de especialización busca definir e concretar tanto as liñas de investigación e transferencia como as áreas de interese formativo ou académico da Universidade da Coruña. Ademais, búscase dar unha mellor oferta á sociedade e mellorar a transferencia de coñecemento.

Campus industrial

O Campus Industrial, situado en Ferrol, é unha potencialidade docente e investigadora. Permite aproveitar e impulsar as potencialidades da Universidade e da industria para dinamizar e crear crecemento e progreso para toda a sociedade.

En concreto, conta con seis centros nos que se imparten once graos, sete mestrados e seis programas de doutoramento enmarcados nas dúas áreas de especialización que fan de Ferrol un Campus singular, a naval e oceánica e a industrial.

Os centros de docencia que conforman o Campus Industrial son:

  • Escola Politécnica Superior
  • Escola Universitaria Politécnica
  • Escola Universitaria de Deseño Industrial
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Facultade de Enfermería e Podoloxía
  • Facultade de Humanidades e Documentación

Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia. Estaleiro 4.0.

O Estaleiro do Futuro

A Unidade Mixta de Investigación UDC-Navantia ( UMI) sitúase en Ferrol nas dependencias do Centro de Investigacións Tecnolóxicas ( CIT). Creada no ano 2015 por mor da colaboración entre a UDC e Navantia no campo do I+D+i, coa inquietude de levar a cabo unha transformación da empresa orientada á sustentabilidade coa innovación como panca de cambio e desenvolvemento.

O obxectivo principal é o desenvolvemento de novas técnicas e tecnoloxías que permitan incrementar a competitividade do estaleiro mediante a mellora dos procesos produtivos existentes e o desenvolvemento doutros novos, aumentando a eficiencia e a produtividade.

Liñas de investigación:

Optimización de procesos

Novas TICs e fabricación

Tecnoloxías disruptivas orientadas a fragatas F-110

Ciberseguridade

Vehículos autónomos (VAVs)

Campus Innova

O principal reto do Campus Innova é consolidar a Universidade como un polo de excelencia rexional, nacional e internacional na innovación dixital, tecnolóxica e humanística. O Campus foi presentado o 16 de novembro de 2018 concibido como unha vía de especialización para a Universidade da Coruña.

Pretendemos situar á Universidade como un centro de excelencia na vangarda do coñecemento, tanto no ámbito da investigación como no ámbito formativo e académico. Co obxectivo de promover a interacción co sector empresarial e produtivo e obter unha maior captación de alumnos.

Articúlase mediante tres áreas de especialización:


Centrada nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, destaca pola súa transversalidade en múltiples ámbitos da sociedade e da economía.


Centrada no desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras en diferentes ámbitos, como a enxeñería civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada.


Dá resposta aos retos motivados pola transformación tecnolóxica que está a experimentar a sociedade. Enfocada no desenvolvemento de servizos, contido e infraestruturas dixitais para a educación, o turismo ou o lecer, así como a conservación, recuperación e difusión do patrimonio histórico e cultural.

Campus Sustentabilidade

O Campus impulsa a excelencia no coñecemento para a transición a estilos de vida sostibles, que protexan os nosos recursos naturais, freen o cambio climático e promovan o benestar. A súa misión é consolidar á UDC como un polo de coñecemento de excelencia rexional, nacional e internacional nas áreas de coñecemento vinculada ao urbanismo e a paisaxe, sustentabilidade (ambiental, social e económica) e de vida saudable.

Áreas de especialización:

Cidade e Territorio

Urbanismo sostible intrinsecamente ligado co territorio e a paisaxe, na procura de solucións baseadas na natureza e na perspectiva de xénero.

Economía Circular e Sustentable

Deseñar e implantar novos modelos de crecemento económico que permitan un uso máis eficiente dos recursos naturais, obtención de fontes de enerxía máis respectuosas, valorización de residuos e reciclaxe.

Sustentabilidade social e educación ambiental

Lograr unha sociedade máis cohesionada, plural, inclusiva, activa e defensora da igualdade entre personas e moi especialmente a igualdade entre mulleres e homes, promovendo a educación ambiental.

Vida saudable

Promoción do deporte e de hábitos de vida máis saudables, unha xestión máis eficiente e sostible do sistema público e sanitario libre de violencia de xénero.

Cátedras

Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

A Cátedra ten como obxectivo fortalecer as relacións entre Navantia e o campus de Ferrol, contando coa promoción da investigación e transferencia de coñecemento no ámbito da enxeñería naval e industrial como a súa meta principal. A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos corre a cargo de Ana Álvarez García, profesora da Escola Politécnica Superior, e de Fernando Lago Rodríguez, director de Enxeñería e Innovación de Navantia.

Cátedra Everis de transformación dixital

A Cátedra UDC- Everis en Transformación Dixital, adscrita á Facultade de Informática, nace en 2018 co fin de promover o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación, a transferencia tecnolóxica e a cultura, procurando unha aplicación práctica do coñecemento en proveito da nosa sociedade.

Cátedra Handytronic-Grupo Telecon

A Cátedra Handytronic – Grupo Telecon, foi asinada en 2017. Entre os seus obxectivos atópase aumentar a relación da empresa coa Universidade da Coruña e concretamente coa Facultade de Informática e o Mestrado en Bioinformática para Ciencias da Saúde ( MUBICS).

Cátedra Inditex-UDC de Sostibilidade

Cátedra Inditex-UDC xorde no ano 2010, baixo a coordinación do Consello Social, como resposta aos retos globais de sustentabilidade, debido ao compromiso de ambas as institucións co progreso social, económico e cultural, apostando por un modelo de responsabilidade social na Universidade da Coruña.

Cátedra Luis Fernández Somoza

A Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza enmárcase dentro da idea de proxectar internacionalmente ó alumando e profesorado da UDC, así como á recepción de personalidades académicas de prestixio, que acheguen unha visión ampla na realidade complexa da globalización económica.

Cátedra SXD Galicia Activa

Esta cátedra de recente creación durante o ano 2018 tras a firma do convenio entre a nosa Universidade e a Fundación Deporte Galego, xorde do acordo de colaboración entre ambas entidades para fomentar a transferencia de coñecemento en canto a educación, investigación e cultura en relación á actividade física.

Cátedra EMALCSA

En 2017 a Universidade da Coruña e EMALCSA asinan un convenio no que se crea a Cátedra EMALCSA. Preténdese fortalecer o ámbito de xestión sostible da auga como recurso nos tres ámbitos: ambiental, social e económico.

Cátedra Fundación Inade-Xestión do Risco e do Seguro

A colaboración entre a Fundación INADE e a Universidade da Coruña deu como resultado a creación en 2015 da Cátedra Fundación INADE de Xestión do Risco e do Seguro co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral, iniciando a súa actividade en 2016.

Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte nace da procura dunha colaboración estable entre a Universidade da Coruña e HM Hospitais co fin de avanzar cara á excelencia na sanidade.

Cátedra Jorge Juan

A Cátedra Jorge Juan nace en virtude do convenio de cooperación entre o Ministerio de Defensa e a Universidade da Coruña asinado en 1994 en Ferrol. Esta colaboración xorde cun marcado carácter cultural destacando nos campos das Humanidades, Navegación e Construción Naval, Dereito, Economía, Enxeñería e Arquitectura.

Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVIGO

A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades a comunidade universitaria en xeral e outras e outros profesionais externos para adaptalos ás necesidades da empresa, fomentar a formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade.

Queres saber máis? Descarga a memoria completa memoria completa