Empresas

Transferencia + Colaboración = Innovación

Estamos comprometidos coa transferencia dos resultados da investigación á sociedade.

Fotografía dun estudante consultando a información dos tablones

Prestamos especial atención a nosa relación co tecido productivo, un elemento crave para incrementar a nosa capacidad de xerar riqueza e desenvolvemento na contorna

Transferencia de coñecemento

  • Servizo de Apoio á Investigación
  • CITEEC, CITIC e CIT
  • Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI):
    • En 2015: 24 solicitudes de novas patentes nacionais, 1 patente europea, 1 extensión internacional PTC e 9 rexistros de software.
    • En colaboración coa FUAC facilítanse acordos de cooperación científico-tecnolóxica con empresas: 126 proxectos de investigación en 2015

Colaboración Universidade-Empresa

Promovemos o desenvolvemento de proxectos de colaboración entre a universidade e as empresas do noso contorno

Da colaboración entre universidade e empresa nacen proxectos que impulsan o desenvolvemento e a competitividad do contorno e complementan a actividade docente da universidade, achegándoa á sociedade e ás empresas.

As Cátedras Empresariais son a mellor opción para potenciar a longo prazo a relación universidade-empresa

Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social

Nace para achegar o fenómeno da RS á comunidade universitaria e á sociedade en xeral:

  • Curso de Especialización en Responsabilidade e Innovación Social.
  • Ciclo de conferencias "En Código Aberto".

Convenio coa Fundación Sicientia

En 2014 asinamos un convenio coa Fundación Sicientia para o desenvolvemento da FIRST LEGO® League INTERNACIONAL, para ensinar aos nenos a buscar solucións innovadoras a través da robótica.

Convenio con Navantia

Para posibilitar que os estudantes de todas as titulaciones poidan realizar prácticas con valor académico dentro dos seus plans de estudo, así como prácticas extracurriculares.

Workshop do Aula Repsol UDC

Creada en 2014 para promover a cooperación e a colaboración entre a universidade e a empresa.

Asumimos o noso papel como axente de desenvolvemento rexional

A empresa participa na universidade a través do Consello Social:

  • Convenio de colaboración entre o Consello Social, a Universidade da Coruña, a Asociación Galega da Empresa Familiar e a Fundación Universidade da Coruña, para o fomento do emprendemento e a formación en competencias no ámbito universitario.
  • Convenio asinado con Santiago Mediano Abogados para a promoción de accións conxuntas orientadas á mellora da estratexia de protección xurídica, xestión e explotación dos activos intanxibles xerados pola nosa actividade investigadora.

Fomento do emprendemento

Estamos comprometidos co fomento do emprendemento entre estudantes e titulados

Viveiro de empresas

  • Poden acceder ao Viveiro todos aqueles membros da comunidade universitaria con proxectos empresariais ou empresas de recente constitución, que desenvolvan unha actividad innovadora, científica e/ou técnica.
  • 1 nova empresa accedeu ao Viveiro en 2014.
  • 2 novas empresas accederon ao Viveiro en 2015.
  • Transformamos a cafetería do Campus de Esteiro nun viveiro de empresas do sector da hostelería para favorecer o emprendemento e a creación de emprego, a través dunha iniciativa promovida pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social.
  • Catro estudantes da E.U. de Deseño Industrial de Ferrol conseguiron o cuarto posto no concurso internacional Drons for Good co seu prototipo Dronlife.

Empresas de base tecnolóxica

  • A creación dunha spin-off é un mecanismo de transferencia do coñecemento xerado polos nosos grupos de investigación e o resto da comunidade universitaria para á sociedade.
  • Co impulso da OTRI desenvolvemos o Regulamento de creación e recoñecemento de empresas da UDC.
  • 2 novas empresas de base tecnolóxica en 2014.
  • 3 novas empresas de base tecnolóxica en 2015.
Ofrecemos formación en habilidades vinculadas ao emprendemento

Fotografía da rampa de acceso a unha facultad

Fotografía de unha investigadora trabajando no laboratorio