Relacións coa sociedade

Ao servizo da comunidade

O Consello Social é o órgano de representación da sociedade frente a outros organismos públicos e institucións.

Mantemos unha boa relación con outras universidades e institucións educativas e de investigación, así como cos organismos nacionais e autonómicos con competencia en educación.

  • Desenvolvemento de ferramentas de software e a execución de estudos IN SILICO, financiado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) que conta coa participación do CITIC.
  • Acordo coa Xunta de Galicia para a especialización do Campus de Ferrol como Campus Industrial.
  • Convenio de colaboración coa Autoridad Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
  • Cátedra Jorge Juan, froito dun convenio firmado co Ministerio de Defensa.

Compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas

Comprometémonos co fomento da lingua e cultura galegas dentro e fóra da universidade a través do Servizo de Normalización Lingüística.

Ofrecemos cursos de formación e dinamización e prestamos asesoramento para a traducción e revisión de textos.

É o noso compromiso manter unha relación activa e aberta coa nosa contorna

Páxinas traducidas e corrixidas polo Servizo de Normalización

Gráfica que amosa a evolución na cantidade de pácinas traducidas e corrixidas polo Servizo de Normalización da UDC

Compromiso cos grandes retos da sociedade

Cooperación co desenvolvemento e voluntariado

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) canaliza as demandas de participación e solidaridade dentro da nosa área de influencia.

  • Proxectos de Coñecemento da Realidade para o alumnado.
  • Proxectos de Coñecemento da Realidade para PDI e PAS.
  • Educación ao Desenvolvemento, Sensibilización e Participación social para a comunidade universitaria.
  • Actividades formativas.

Igualdade de xénero

Velamos por conseguir a plena incorporación das mulleres en todos os ámbitos da vida universitaria.

  • Centro de Estudos de Xénero e Feministas
  • Oficina de Igualdade de Xénero

Inclusión e diversidade

Fomentamos un clima de diversidade e a inclusión de grupos con especiais dificultades.

A Unidad de Atención á Diversidad (ADI) traballa para facilitar a plena integración do alumnado, profesorado e PAS.

Alumnado usuario directo dos servicios da ADI en función do total que solicita exención de tasas por discapacidade.

Gráfica que amosa a evolución no número de alumnos que solicitan exención de tasas por discapacidade

Fotografía do Campus de A Zapateira

Evolución do alumnado da Universidade Sénior

Gráfica que amosa a evolución no número de alumnos na Universidade Sénior

Espazo Compartido

Programa universitario de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas orientado á mellora da empregabilidade e ao fomento da inclusión laboral de xuventude con discapacidade cognitiva.

Proxecto CE10

Investigadores do Grupo Dereito Público Global e expertos en outros ámbitos científicos reúnense periódicamente, coa finalidad de reformar as políticas públicas de diversidade e de mellorar e innovar no tratamiento da diversidade.

Universidade Sénior

Ofrecemos estudos a un sector da sociedade maior de 50 anos que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación, que estea actualizada e se adecue ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

Programa Comparte de aloxamento interxeracional

Programa de vivenda compartida no que a persona maior ofrece ao estudante aloxamento no seu domicilio, mentres que este axuda e apoia á persona maior nas tarefas e obligacións que ambos os dous decidan.

Respecto polo medio

Evolución do consumo de electricidade (kWh)

Gráfica que amosa a evolución en consumo de electricidade na UDC

Evolución do consumo de gasoil e gas natural (kWh)

Gráfica que amosa a evolución en consumo de gasoil e gas natural na UDC

Evolución do consumo de auga (m3)

Gráfica que amosa a evolución no consumo de auga na UDC

O noso compromiso co medio ambiente plásmase na nosa xestión diaria e no fomento de boas prácticas no conxunto da sociedade
  • Apoiamos a mobilidade sostenible:
    • Enquisa de mobilidade e pegada ecológica.
    • Servizo de préstamo de bicicletas.
  • Traballamos no desenvolvemento de iniciativas para a mellora global da nosa xestión ambiental: implantación da compostaxe de residuos orgánicos nos comedores dos novos centros de Elviña e Oza.
  • Realizamos campañas para promover o aforro enerxético e de recursos naturais dirixidas á comunidade universitaria.

Programa Green Campus

desenvolvido no marco do convenio de colaboración que asinamos coa Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), como membro da Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación de procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde Green Campus.

Sustentabilidade mediante prácticas de Green IT

Desenvolvemos iniciativas para reducir o impacto ambiental dos nosos consumos vinculados á tecnoloxía.

Fotografía do campus da Zapateira