As Cátedras Universidade-Empresa na UDC

Cátedra ALDABA WIB

Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

Cátedra EMALCSA

Cátedra Epifanio Campo

Cátedra Everis

Cátedra Fundación INADE

Cátedra SXD Galicia Activa

Cátedra Handytronic

Cátedra HM

Cátedra Hijos de Rivera-UDC de Desenvolvemento Sostible

Cátedra INDITEX-UDC de Sustentabilidade

Cátedra Jorge Juan

Cátedra Luis Fernández Somoza

Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias

Cátedra R en Ciberseguridade

Os nosos Centros de investigación

CICA. Centro de Investigacións Científicas Avanzadas

No 2016 créase o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), orientado en actividades de investigación no campo das ciencias químicas, biolóxicas e biomédicas.

CITEEC. Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil

Para dar resposta aos retos da enxeñería civil, nace no ano 2000 o Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña. A súa esencia é a investigación e estudo experimental no campo da construción, para edificacións e proxectos de enxeñería civil.

CIT. Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Constitúese o Centro de Investigación e de Innovación no ámbito das Tecnoloxías Industriais, a súa actividade comezou no ano 1996 por iniciativa da UDC con financiamento dos fondos FEDER da Unión Europea.

Persegue a idea de desenvolver a Fábrica do Futuro, baseándose nunha investigación de excelencia e funcional para as empresas. Desta maneira pódense afrontar os retos de incorporación e desenvolvemento dos procesos de fabricación e mellorar con iso a súa competitividade.

CITIC. Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

O Centro de investigación singular (CITIC) toma forma no ano 2008, grazas ao impulso da Universidade da Coruña e ao seu interese por potenciar o avance e a excelencia en I+D+i aplicado ás TIC. Créase un punto de encontro entre a universidade e a empresa, que serve para a convivencia e cooperación de departamentos de I+D das empresas TIC xunto con investigadores universitarios.

Servizos de soporte e apoio á investigación na UDC

Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI)

A Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación (OTRI) é un organismo de conexión entre a Universidade e a Empresa. Créase coa finalidade de favorecer e facilitar as relacións entre os dous ámbitos mediante a transferencia da oferta científico-técnica universitaria ao sector empresarial.

Servizos de apoio á investigación (SAI)

O SAI componse dun conxunto de servizos especializados en apoiar á comunidade científica, técnica e humanística da investigación. Conta cos medios materiais e recursos humanos suficientes que superan as necesidades doutros centros, departamentos ou institutos.

Emprendemento universitario de base tecnolóxica

Spin-off 

As spin-off son empresas con base tecnolóxica e coñecemento científico participadas pola universidade, explorando as posibilidades comerciais dos resultados das investigacións no seo da universidade.

  • Appentra Solutions
  • Centro de estimulación cerebral de Galicia
  • Ius Publicum Innovatio
  • Manufactura de Ingenios Tecnológicos (MINT)
  • Nerxus Quality Solutions
  • Peloides Termales
  • Phycosem Marine Agronomy
  • Sedaqua
  • Terravanza
  • Torus Software Solutions

Viveiro de empresas

Como consecuencia da crecente demanda de espazos de creación, no ano 2004 instáurase o Viveiro de empresas da UDC. Este espazo dá acollida aos emprendedores durante a posta en marcha e o desenvolvemento dos seus proxectos empresariais.

Campus Industrial

A aposta pola creación do Campus Industrial de Ferrol, implica un Campus de Especialización que dá dinamismo á economía a nivel rexional e nacional. Este campus ten identidade propia, permite aproveitar e valorar os resultados potenciais da súa contorna, ao mesmo tempo que fomenta a conexión con novas posibilidades de crecemento e avance, sempre da man da industria e os axentes institucionais.

Campus Innova

A través desta ferramenta, desenvolvemos a estratexia de formación impulsando as fortalezas e características singulares que a universidade dispón a partir das súas TIC. O Campus Innova toma valor pola súa interacción con varios campos de coñecemento, como o de humanidades ou ciencias da vida, e o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras noutros ámbitos como a enxeñería civil, a edificación, a aeronáutica ou a bioloxía avanzada.

Campus Sustentabilidade

O Campus Sustentabilidade nace en 2018 para quedar, dá resposta aos retos actuais de ámbito social e ambiental. En conxunto, o Campus Innova co Campus Sustentabilidade forman o Campus de Especialización.

Colaboración INDITEX-UDC

As colaboracións que realizamos xunto con Inditex teñen como denominador común a innovación e desenvolvemento académico enmarcado na responsabilidade social.

Programa Intalet 

Programa Intalent desenvólvese desde o ano 2016, grazas á colaboración de INDITEX e a Universidade da Coruña. Este convenio permite a publicación de convocatorias para a contratación dun total de seis investigadores ao longo do período de 2016 a 2021.

Cátedra INDITEX-UDC de Sustentabilidade

A nosa colaboración de INDITEX reforza o compromiso por transmitir os aspectos que conforman a sustentabilidade, promovendo a formación en cuestións sociais e a integración dun modelo responsable na nosa Universidade.

Estancias predoutorais INDITEX-UDC

A través das estancias predoutorais, facilitamos ás persoas matriculadas nos nosos estudos de doutoramento a posibilidade de estancia nun centro de investigación no estranxeiro como formación complementaria e, que lle permita optar a mención internacional na súa tese de doutoramento.

Programa BERCE

Mobilidade internacional

Empregabilidade e competencias profesionais do alumnado

Fundación Universidade da Coruña. FUAC

Dentro do noso compromiso de formación, entra tamén a relación entre universidade e empresa, considerámolo fundamental á hora de que os nosos alumnos se sentan integrados no sistema laboral. Desta maneira, conseguimos ser a ponte de conexión entre as empresas, con postos libres de formación e os alumnos con ganas de poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos durante o proceso de aprendizaxe.

Programa Laboralia

Laboralia é un programa de orientación laboral, dirixido a estudantes e novos titulados, co fin de mellorar a inserción laboral e impulsar o emprendemento no ámbito universitario.

Espazo compartido

Finanzas para mortais

As xornadas formativas Finanzas para Mortais organízaas Santander Financial Institute (SANFI) e impúlsaas o Banco Santander. Os seus profesionais encárganse de impartir a formación de Finanzas para Mortais de maneira voluntaria en toda España.