Compromiso co medio ambiente

Dende a Universidade da Coruña traballamos en accións que nos permiten ser máis respectuosos co medio ambiente como compromiso para avanzar cara a un desenvolvemento sostible.

Oficina de Medio Ambiente

Dende a Oficina de Medio Ambiente (OMA) coordinamos, participamos e realizamos as actuacións ambientais levadas a cabo pola Universidade da Coruña.

As funcións da OMA sitúanse en dous campos fundamentais. Por unha banda, a xestión ambiental e por outra banda, a implicación e concienciación da comunidade universitaria.

GreenCampus

GreenCampus é un programa que permite instaurar procedementos de xestión ecolóxica nos centros pertencentes ás universidades.

Os principais obxectivos son:

  • Implantar un sistema de xestión ambiental GreenCampus nos centros.
  • Crear un Comité Ambiental e un Plan de Acción en cada centro.

GreenMetric

A clasificación GreenMetric é realizada pola Universidade de Indonesia anualmente e conta cun alcance internacional. Mide o esforzo das universidades en sustentabilidade, políticas de xestión e protección ambiental. Durante 2018 participaron universidades pertencentes a 81 países.

En 2018 a Universidade da Coruña segue manténdose como a primeira universidade galega na clasificación GreenMetric e continua dentro das 10 primeiras a nivel nacional, alcanzado o posto número 7. Ademais, é a número 93 a nivel mundial.

Pegada ecolóxica

Dentro do noso compromiso transparente por avanzar cara a un desenvolvemento sostible e respectuoso co medio ambiente, realizamos a medición da nosa pegada ecolóxica.

Por outra banda, gradualmente reducimos as emisións de CO2, diminuíndo o noso impacto a través de accións máis sostibles e respectuosas co medio ambiente.

Principais indicadores ambientais

Educando para a sustentabilidade

O programa levado a cabo coa colaboración da Fundación Alcoa, busca impulsar a aprendizaxe no aproveitamento de recursos e consumos relacionados co medio ambiente, especialmente nesta última edición coas enerxías renovables.

Educando para a sostenibilidade

Avanzando cara unha universidade máis internacional

Programa berce

O programa contén unha serie de accións concretas destinadas tanto a investigadores e investigadoras da nosa Universidade como a persoal científico procedente de calquera parte do mundo que decidan desenvolver o seu proxecto do European Research Council na Universidade da Coruña.

  • Atraer o talento excelente de calquera parte do mundo á UDC.
  • Dar continuidade á carreira investigadora dentro da UDC.
  • Incentivar a participación da UDC na Ciencia excelente do Programa H2020.
  • Apoiar a confluencia de investigadores ás ERC grants.

Selo HRS4R
(Human Resources Strategy for Researchers)

Con esta acción plasmamos o noso compromiso de traballar por atraer ao mellor talento investigador, garantindo unha contorna de calidade e cubrindo as necesidades específicas para realizar os proxectos en condicións óptimas.

A entidade europea outorgounos o Selo HR Excellence in Research en 2017, identificándonos como unha contorna de traballo favorable para quenes investigan na nosa Universidade, poñendo en valor o noso compromiso coa súa contratación e avaliación transparente e responsable.

O recoñecemento foi obtido tras levar a cabo a análise e adaptación das políticas de recursos humanos dentro da estrutura organizativa da Universidade aos estándares citados.

Fomentando actividades de extensión
universitaria e relación coa contorna

 Deporte

Na Universidade da Coruña contamos cunha Área de Deportes que traballa no noso compromiso cunha visión de promoción da actividade física e o deporte dentro da comunidade universitaria.

Buscamos mellorar a saúde e a condición física, garantindo o máximo aproveitamento dos recursos e das instalacións deportivas, así como canalizar a organización de actividades e competición no ámbito universitario.

 Cultura

Dende a Universidade da Coruña contamos cunha Área de Cultura, dependente do Vicerreitorado de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, que ofrece exposicións, diferentes talleres, ciclos, teatro, danza e actividades de extensión universitaria que buscan dar resposta ás demandas culturais tanto das persoas que pertencen á comunidade universitaria como das que non son parte dela.

Cooperación e voluntariado

Contamos cunha Oficina de Cooperación e Voluntariado que ofrece servizos que canaliza e xestiona as demandas de participación en actuacións e iniciativas solidarias en busca do ben común por parte da comunidade universitaria na área de influencia da nosa Universidade.

As actividades sociais para o interese xeral que se realizan a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado podemos clasificalas en catro grandes bloques:

Queres saber máis? Descarga a memoria completa memoria completa