A Universidade da Coruña

Durante os nosos 29 anos de traxectoria, dende a Universidade da Coruña apostamos pola importancia da transferencia de coñecemento e a innovación dende unha perspectiva de igualdade de oportunidades.

Estes alicerces permítennos seguir afianzando unha posición crave dentro do Sistema Universitario Galego, dirixindo os nosos esforzos cara un desenvolvemento sostible e fomentando a inclusión de todas as persoas que forman parte das comunidades dentro do noso ámbito de influencia.

Oferta académica

Unha educación de calidade é a base sobre a que se asenta a nosa Universidade. Contamos cunha ampla oferta académica que garante alcanzar o nivel educativo e formativo esperado.

Tanto os nosos títulos oficiais como os propios dan resposta ás necesidades que os estudantes e a sociedade demándanos, cumprindo sempre coas máximas esixencias.

Ademais, tamén contamos con 8 programas de simultaneidade de graos, o que permite que o noso alumnado conte cunha oferta formativa que persegue a maior adaptación posible ás súas necesidades e expectativas.

14
FACULTADES
4
ESCOLAS TÉCNICAS SUPERIORES
6
ESCOLAS UNIVERSITARIAS (3 ADSCRITAS)
26
DEPARTAMENTOS
4
CENTROS DE INVESTIGACIÓN
8
INSTITUTOS UNIVERSITARIOS

A UDC en cifras 2017 – 2018

Equipo humano

O noso equipo humano está distribuído principalmente en dous colectivos con funcións diferenciadas, persoal de administración e servizos ( PAS) e persoal docente e investigador (PDI).

As actividades levadas a cabo por estes dous grupos adquiren unha vital importancia para alcanzar obxectivos fundamentais como o fomento da investigación e a investigación de calidade, así como tamén a óptima xestión de recursos e un funcionamento eficiente de toda a Universidade da Coruña.

Para traballar neste camiño e acadar as metas establecidas contamos con 2.192 profesionais.

Estudantes

Como organismo que centra a súa actividade máis relevante na educación, os estudantes son o eixo principal da Universidade. Por iso, como grupo de interese prioritario, esforzámonos diariamente en ofrecer as alternativas necesarias para o seu futuro e comprometémonos cun ensino de calidade.

Queres saber máis? Descarga a memoria completa   memoria completa