Fomento do desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través de relacións universidade – empresa

A colaboración universidade-empresa é un elemento fundamental para a consecución dos nosos obxectivos, para o avance da nosa Universidade e para promover a innovación e a transferencia de coñecementos.

Contratos Art. 83

O Artigo 83 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades (LOU), recolle a colaboración da universidade con outras entidades ou persoas físicas para a realización de traballos científicos, técnicos, artísticos e actividades educativas de especialización ou formación.

Parque tecnolóxico

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

Centro de Innovación Tecnolóxica e Enxeñería Civil

Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Centro de Investigacións Científicas Avanzadas

Iniciou a súa actividade en 2016 promovendo proxectos relacionados coa investigación nas ciencias químicas, biolóxicas e ambientais. Os proxectos son financiados tanto de forma pública como privada, perseguindo a transferencia dos resultados, a formación do persoal investigador e as publicacións de carácter científico.

Centro de Investigacións Tecnolóxicas

O CIT é un Centro de investigación e de innovación tecnolóxica no ámbito das tecnoloxías industriais, creado para aportar coñecemento científico e capacidades altamente cualificadas en beneficio da sociedade.

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería civil

A actividade levada a cabo polo Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil ( CITEEC) comezou no ano 2000 centrada na construción vista dende a óptica da análise experimental e sempre enfocado á edificación e enxeñería civil, perseguindo o obxectivo de mellorar a investigación e o estudo no devandito ámbito.

Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación

O Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e da Comunicación (CITIC) é un centro que busca a excelencia e o crecemento no ámbito das TIC. En 2016 foi acreditado como Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019, sendo o único centro TIC galego con este recoñecemento a día de hoxe.

OTRI (Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación)

O principal obxectivo da nosa Oficina de Transferencia de Resultados de Investigación ( OTRI) é favorecer as relacións entre Universidade e Empresa, promovendo a transferencia da nosa oferta científico-técnica universitaria.

S A I (Servizo de Apoio á Investigación)

Dende a súa creación a principios dos anos 90, os Servizos de Apoio á Investigación ( SAI) contan co obxectivo de dar resposta ao uso racional dos recursos destinados a tarefas de investigación, sendo un gran exemplo da evolución investigadora da comunidade universitaria.

O SAI organízase en 9 unidades que ofrecen diferentes servizos á comunidade universitaria.

Queres saber máis? Descarga a memoria completa memoria completa